Dende as 23:00 horas de hoxe ata as 06:00 de mañá
Espina & Delfín S.L., empresa
concesionaria de abastecemento de auga do
Concello de Ordes, fixo público o corte no suministro de auga
potable dende as 23:00 horas de hoxe luns ata as 06:00 horas de mañá en todo o municipio.
Tanto o Concello de Ordes como a empresa concesionaria
acordaron que dito corte se fixera en horario nocturno. O motivo deste corte provisional débese á conexión do
novo depósito construído na zona de Merelle coa rede xeral de suministro.
Para
calquera consulta pódese chamar aos teléfono 981 680 611 ou 609 560 582.
*