Será ao longo da fin de semana do 22 e 23 de marzo
O Concello de Ordes xa ten
concretadas as datas de celebración da súa XVI Festa do lacón con grelos. Será durante a fin de semana do 22 e 23 de marzo no Mesón do Vento.
Na primeira xornada as portas do recinto
feiral abrirán dende as 10:00 horas para exhibir un gran número de cabezas de
gando e de maquinaria agrícola. Ademais este ano tamén se habilitará un espazo
adicado á venta de vehículos de ocasión.
A partir das 11:00 horas tamén haberá unha
exhibición de manexo e pelado de novillas así como de esquilado de ouvellas.
Xa
pola tarde realizarase un desfile e concurso de disfraces con máis de 1.000
euros en premios, e cuxa inscrición permanecerá aberta ata as 14:00 horas do 20 de
marzo a través do teléfono 981 680 002.
Xa o domingo as racións e bandexas de
lacón con grelos comenzarán a repartirse de balde dende a media mañá polos distintos
bares e establecementos do Mesón do Vento. Un día que tamén estará marcado
polas probas de andadura federada galega de 2 e 4 tempos e as carreiras de
trotóns, nas que nesta ocasión repartiranse máis de 1.000 euros en premios.
Todo elo a partir das 12:00 horas.
A partir das 20:00 horas, e xa para concluir, unha
actuación musical porá o punto e final á festa neste último día de celebración.
*