Momento da celebración do pleno da Corporación municipal de Ordes, onte. |
O Goberno municipal, co apoio do PSOE, solicitará á Xunta que asuma a titularidade da pista, moi deteriorada polo paso de tráfico pesado
O alcalde, Manuel Regos, anunciou no pleno que tivo lugar onte que a partir do vindeiro martes 3
de febreiro a estrada de Mercurín permanecerá pechada agás para os veciños e
veciñas da zona”, tal e como se plasmara nunha moción presentada polo grupo
socialista hai meses.
Regos lembrou as numerosas solicitudes de apoio, as
subvencións e múltiples contactos realizados con representantes de distintos
organismos para o arranxo desta vía enormemente deteriorada debido á
circulación dos camións de gran tonelaxe que se dirixen, principalmente á planta
de tratamento de residuos de Cerceda.
O alcalde tamén expresou publicamente a súa sorpresa “por non recibir os fondos
do Plan Míner aprobados no seu día para este cometido e que a día de hoxe
seguen sen facerse efectivos”, polo que solicitou “tanto do PP como do BNG, con
representación parlamentaria no Congreso dos Deputados, que pidan explicacións
do porque desta inxusta situación”.
Na proposta presentada polo Goberno solicítase
que a Xunta de Galicia asuma a titularidade desta vía municipal, cuxo arranxo
ascende na actualidade a máis de 2,5 millóns de euros, así como da vía de
enlace entre o polígono e a estrada N-524. A dita medida non foi apoiada nin
polo PP nin polo BNG.
Apoio do PSOE
Recouso: "Regos non está á altura"
Negativa do PP
Finalmente, recordou o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, José Luis Martínez Sanjurjo, que o mal estado do vial leva anos xestándose e que durante ese tempo o Concello puido ter adoptado medidas para frear a deterioración da capa de rodadadura, sen chegar á situación actual, na que a estrada presenta tramos repletos de fochancas que dificultan a circulación.
Trouxo o portavoz popular a colación no transcurso do debate, que alomenos en dúas ocasións se brindou ante o Goberno local, negociar a concesión dunha axuda por unha contía máis acaída aos tempos que corren, sendo rexeitada esta medida polo alcalde.
Apoio do PSOE
Logo de apoiar a medida, o voceiro municipal do PSdeG-PSOE en Ordes, Xesús
Pedreira, lamenta a decisión do PP e do BNG, que votaron en contra da mesma proposta que fora aprobada o 26 de xaneiro
de 2012 sen ningún voto en contra. Naquela sesión, esta mesma proposta fora
aprobada cos 11 votos a favor de PSOE, UXO, BNG e CIDEGA e coas 6 abstencións
do PP.
“Non entendemos a decisión tanto do BNG como do PP de darlles agora as
costas aos veciños e veciñas de Ordes, pois a estrada está aínda en peores
condicións que hai dous anos. Eles saberán cales son os intereses que os
levaron a cambiar o seu voto, pero de seguro que nada teñen que ver cos
intereses dos veciños e veciñas de Ordes”, sinala Pedreira Mirás.
Pola contra, o PSOE non deixou nestes últimos dous
anos de reclamarlle á Xunta a sinatura dun convenio acordado hai xa seis anos para
o arranxo desta estrada entre o polígono industrial de Merelle e o límite con
Cerceda.
Recouso: "Regos non está á altura"
O
portavoz nacionalista, Ramiro Recouso, manifestou que “Regos en ningún
momento soubo conducir a solución deste problema porque non está á altura do
cargo que ostenta. Estivo de brazos cruzados esperando que a solución lle caera
do ceo. En ningún momento solicitou o apoio dos grupos municipais do Concello
para, todos xuntos, esixirlle á Xunta unha solución aos problemas que os
camións de Sogama provocan na estrada Ordes-Cerceda”
O
edil do BNG lembra tamén que “o feito de que esta estrada pase a ser
titularidade autonómica, non garante que sexa conservada en bo estado de
rodadura. Exemplos claros témolos na conservación da N550 que depende do Ministerio de Fomento, ou mesmo os anos de deterioro que sufriu a estrada AC524
Ordes-Lanzá”
Por
outra banda, Recouso, considera unha “boutade do alcalde a ameaza de
cortar o tránsito de vehículos pola esta estrada, agás os veciños residentes na
zona, desde o vindeiro luns 3 de febreiro. O que ten facer Regos é unha
reclamación formal, co apoio unánime de todos os grupos da Corporación
municipal, para que a Xunta de Galiza colabore economicamente na reparación da
estrada Ordes-Cerceda”
Negativa do PP
Finalmente, recordou o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, José Luis Martínez Sanjurjo, que o mal estado do vial leva anos xestándose e que durante ese tempo o Concello puido ter adoptado medidas para frear a deterioración da capa de rodadadura, sen chegar á situación actual, na que a estrada presenta tramos repletos de fochancas que dificultan a circulación.
Trouxo o portavoz popular a colación no transcurso do debate, que alomenos en dúas ocasións se brindou ante o Goberno local, negociar a concesión dunha axuda por unha contía máis acaída aos tempos que corren, sendo rexeitada esta medida polo alcalde.
“Se o
argumento para dar en cesión a estrada de Mercurín é o seu mal estado, a este
paso, corremos o risco de entrar nunha dinámica perigosa que nos leve a propoñer
a cesión de todo o Concello, dada a penosa situación na que se atopan a maioría
das infraestruturas e equipamentos de titularidade municipal”, conclúe o
voceiro popular.
Cortes de luz
Na rolda de mocións dos
restantes partidos o PSOE viu prosperar
por unanimidade a súa proposta de crear un protocolo de actuación ante os danos
producidos por mor dos cortes da subministración eléctrica que acontecen cada
vez que hai temporal. Un texto no que tamén se lle insta a Gas Natural-Unión
Fenosa a que reforce e mellore o servizo local.
A PAC foi outro dos puntos abordados polos
socialistas, que demandaron o apoio do pleno para incluír na aplicación para o
período 2014-20 unha normativa que teña en conta as características da produción
galega, “a cal conta cun déficit histórico na percepción de axudas”.
Reclámase
un pago por hectárea que sexa proporcionalmente regresivo e que beneficie
maiormente ás trinta primeiras hectáreas, que se precise a definición de agricultor
e gandeiro para a adquisición destas axudas, cifrando para iso a percepción de
ingresos cun mínimo do 25%, e que estas non superen os 150.000 euros por
explotación, ademais de que o sector gandeiro sexa dotado dun tratamento
singularizado a través de axudas adaptadas debido á súa singularidade.
Mentres
que o equipo de Goberno aprobou a medida, os nacionalistas e CideGa abstivéronse,
e o PP votou en contra, alegando que estas posturas suporán “unha perda de
cartos para Galicia segundo os cálculos realizados polos seus técnicos”.
Na quenda do BNG prosperou a súa demanda
de solución dos problemas na subministración eléctrica nas zonas da Fraga da
Galiña e na rúa Coruña por parte de Gas Natural-Unión Fenosa. Tamén saíu
adiante o acordo para reparar os danos no céspede da piscina do Muíño e dotala
dun servizo de cafetería.
Na proposta sobre unha ordenanza sobre plantacións e
repoboacións forestais o equipo de goberno explicou que actualmente se está a
cumprir a normativa esixida pola Consellería, polo que a moción non prosperou.
Nesta ocasión os populares demandaron a
posta en marcha dos dous tractores dos que dispón o municipio para labores de roza,
ademais de reprogramar o destino das partidas destinadas á contratación dunha
empresa encargada para este labor.
Segundo detallou a tenente de alcalde,
Silvia Marín, “tanto o arranxo desta maquinaria”, medida que non ofrece
garantías nin a medio prazo “como a adquisición dunha nova suporía un custo
maior”. Ademais, tamén se explicou que “neste momento é imposible contratar a
máis persoal para poder acometer a tempo completo estes labores, “xa que
segundo os cálculos suporía unha cifra aproximada de 90.000 euros”.
Por iso o PP propuxo a realización dun
estudo económico e financeiro de cara aos vindeiros anos para facer factible a
súa proposta. Aínda así dende o Goberno
adiantouse que nos próximos orzamentos haberá unha partida para a roza de
pistas e camiños, “a pesar de que non se recibiu ningunha axuda de todas as que
se levan reclamado”.
*