Martínez Sanjurjo: “Sorprende que o Concello cale sobre a cesión das
máquinas a unha empresa privada, e xa se sabe que quen cala outorga”
O Partido Popular de Ordes esixe que o Concello
recupere de inmediato a custodia dos dous tractores municipais que están
parados e gardados nunha nave privada, mentres externaliza a limpeza e
mantemento das cunetas por mais de 120.000 euros anuais.
Os populares ordenses desminten os argumentos do
Concello e negan que a antigüidade dos tractores impida o seu uso,
especialmente un deles, que presenta escasas horas de uso en comparación coa
duración media deste tipo de maquinaria.
“Sorprende que o Concello cale sobre a cesión das máquinas a
unha empresa privada, e xa se sabe que quen cala otorga”
"Se os tractores non
están en condicións de operar coas desbrozadoras é porque algún responsable
político non permite reparalos ou non quere sometelos a un axeitado mantemento"
“É evidente que a alguén lle interesa ter fóra de
uso os tractores municipais, do mesmo xeito que se acredita que esta operación
prexudica aos veciños, que padecen a cotío as consencuencias dun defiente
mantemento da rede viaria municipal”
*