Xesús Pedreira: "Na actualidade, os veciños da zona teñen que trasladarse a Ordes ou Leira para as súas xuntanzas"
Os socialistas tamén reclamarán cuestións relativas aos dereitos dos emigrantes e o dereito ao aborto
O PSOE de Ordes pedirá na sesión plenaria de mañá que se
habilite a antiga sede da Cruz Vermella no lugar do Conde como centro social
para os veciños e veciñas da zona, “tendo en conta que os veciños do lugar do
Conde teñen na actualidade que desprazárense tata Leira ou Ordes para
xuntanzas, charlas e actividades”, explica o voceiro municipal Xesús Pedreira.
Tarxeta sanitaria e aborto
Así mesmo, os socialistas ordenses presentarán unha
moción para instar ao Goberno de España e á Xunta de Galicia a que derogue as
disposicións legais que impidan a recuperación da prestación de servizos
sanitarios ás persoas españolas emigrantes no estranxeiro que pasen máis de 90
días fóra de España na busca de emprego ou por estudos.
Así mesmo, esixirán que
a Xunta non proceda a retirar a tarxeta sanitaria a estas persoas.
Finalmente, os socialistas
ordenses tamén proporán ao pleno ordense que esixa a retira inmediata do
anteproxecto de lei do aborto.
“Aprobar esa lei representaría un extraordinario
retroceso normativo, social e ideolóxico que volvería a situar ás mulleres
españolas na clandestinidade, suprimindo o seu dereito a decidir responsable,
consciente e libremente sobre a súa sexualidade e maternidade”.
*