Recouso: "Esta situación está tamén a evidenciar a desidia da empresa fornecedora, incapaz de resolver unha problemática que non ven dada só por problemas meteorolóxicos"
O grupo municipal do BNG
en Ordes, presentará no vindeiro pleno unha moción na que insta a Manuel Regos
a solucionar os problemas de suministro eléctrico existentes na Fraga da Galiña
e na rúa Coruña.
A reiteración coa que se veñen producindo fallos no
suministro de enerxía eléctrica, especialmente
a falla de tensión, aseguran dende o BNG local, provoca que os veciños e veciñas non poidan facer
uso dos seus electrodomésticos conxuntamente ou mesmo que algún non funcione.
Ademais os apagamentos no alumeado público e as deficientes infraestruturas da
empresa fornecedora están a provocar un amplo descontento no conxunto da
poboación deste lugar.
O BNG en Ordes amén ven de presentar un escrito na Delegación Provincial da Consellería de Economía e Industria, avalado polas sinaturas dos propietarios das vivendas afectadas, demandando que se tomen as acción pertinentes para acadar un compromiso urxente desta problemática por parte de Gas Natural-Fenosa.
Ramiro Recouso (BNG). |
As frases de Ramiro Recouso, voceiro do BNG de Ordes
"Esta situación
está a evidenciar, por outra banda, a desidia da empresa fornecedora, incapaz
de resolver unha problemática que, como é publico e notorio, non ven dada só
por problemas meteorolóxicos"
"Esta situación non é nova
no lugar da Fraga da Galiña, nin no no tramo final da rúa Coruña, xa
que se ven producindo desde hai un ano, o que amosa o nivel lamentábel no que Gas Natural Fenosa mantén o servizo"
*