Os alcaldes da Mancomunidade de Ordes, reunidos en pleno o pasado luns. |
Preto de 200 vecinos e veciñas fan uso deste servizo prestado por un especialista
O último pleno ordinario da Mancomunidade de Ordes celebrado o pasado día 20, aprobou, por unanimidade, a solicitude de subvencións á Xunta de
Galicia para o mantemento do servizo de información, orientación e prospección
laboral.
O servizo vense prestando dende hai
máis de ano e medio nas dependencias situadas nos baixos da Alameda por parte dun especialista. A Mancomunidade estima que mensualmente, preto de
200 usuarios e usuarias fan uso deste servizo co fin de atopar un emprego ou de
orientar e mellorar a súa situación laboral.
Por último tamén se acordou unha serie de
actuacións e plans que se realizarán a partir dos vindeiros días para a
promoción do uso da lingua galega en distintos ámbitos sociais, deportivos e
empresarias.
*