miércoles, 15 de enero de 2014

O PSOE pedirá á Xunta unha axuda de 165.000 euros polos estragos do temporal en Ordes


Xesús Pedreira: "Necesitamos reparar pistas en Beán e Barbeiros, os tellados do CEIP Castelao e do pavillón do Campomaior, repoñer o muro caído en Vista Alegre e arranxar o local social de Nouche"

Os socialistas de Ordes informaron hoxe de que solicitaranlle axudas á Xunta de Galicia por un importe de 165.000 euros para paliar os danos causados polos últimos temporais en Ordes, especialmente pola cicloxénese explosiva que tivo lugar o pasado Nadal

Unha proposta que o secretario xeral dos socialistas ordenses, Xesús Pedreira, vén de remitir ao grupo parlamentario do PSOE, que será quen o presente no Parlamento de Galicia cando outras reclamacións.

Noiteboa sen luz
Esta é a segunda acción dos socialistas de Ordes no que atinxe á cicloxénese explosiva que afectou o municipio o pasado 23 de decembro. 

A primeira xa é hoxe unha realidade pois, tal e como instaban os socialistas ordenses, o Concello de Ordes xestionará as reclamacións dos veciños e veciñas do municipio afectados polos cortes de subministro eléctrico durante a cicloxénese explosiva diante de Gas Natural-Unión Fenosa e da Consellería de Industria

Unha situación que afectou especialmente ás parroquias de Parada e Poulo, onde moitos veciños tiveron que pasar a Noiteboa sen luz.

Xesús Pedreira (PSOE).
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal socialista de Ordes
“Demandamos a colaboración da Xunta de Galicia para reparar pistas en Beán e Barbeiros especialmente danadas por estes temporais, así como para arranxar os tellados do colexio Castelao e do pavillón polideportivo do Campomaior, repoñer parte do muro caído no campo de fútbol de Vista Alegre e arranxar o local social de Nouche