domingo, 4 de julio de 2010

O mes de xullo contará cun excepcional programa de actividades culturais

.
Cine, maxia, monicreques, música, teatro, humor, circo, danza...

O Concello de Ordes porá en marcha este mes de xullo unha nova edición do seu programa municipal 'Verán Cultural'. Un programa que achegará ao municipio durante os meses de xullo e agosto actuacións e actividades da máis variada índole dentro do panorama cultural.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES VERÁN CULTURAL 2010 (XULLO)

Martes 13. Noite de cine. Mi monstruo y yo (T.P.).
Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 22:30h.
Mércores 14. As Dríadas In-Nova.
Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 21:00h.
Xoves 15. Monicreques Camiño de aventuras
Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Venres 16. Grupo de Teatro Municipal Adolescencia, Divino Tesoro. Lugar: Auditorio Casa da Cultura de Ordes. Hora: 22:00h.
Sábado 17. Pá nenos, nós. Espectáculo con música en directo que mestura o mimo-clown coa maxia cómica. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 22:00h.
Domingo 18. Manualidades. Espectáculos de malabares. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.

Luns 19. Noite de cine Pérez, o ratiño dos teus soños 2(T.P.) Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 22:30h.
Martes 20. Monicreques A guerra das Galicsias”. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Mércores 21. Os 7 magnificos +1 2 pallasos en apuros. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Xoves 22. Anchuan de la Cream espectáculo de humor mezclado con diferentes habilidades e sorpresas. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00 h.
Venres 23. Monicreques Pinocho. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.

Luns 26. Noite de cine 007: Quantum of Solace” (N.R.-13). Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 22:30h.
Martes 27. A Caixa de Música espectáculo con música en directo e monicreques.
Lugar: Auditorio Casa da Cultura. Hora: 20:00h.
Mércores 28. Maxia Experimentos Máxicos.
Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Xoves 29. Monicreques Catro contos da China.
Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Venres 30. Clown and Popping. Espectáculo de circo, teatro e danza. Lugar: Alameda de Ordes. Hora: 20:00h.
Sábado 31. CirCo ChosCo. Espectáculo de comedia e circo.
Lugar: Alameda de Ordes ás 20:00h.

As frases de Ramón Vázquez Raña, concelleiro de Cultura e Deportes de Ordes
"Agardo que o programa elaborado nesta ocasión polo departamento de Cultura sexa do gusto de todos os veciños, con espectáculos para todos os gustos e todas as idades, co fin de entreter tanto aos máis pequenos como aos maiores"

"Animo a todos os ordenses a que participen nestas actividades coas que esperamos encher de diversión e entretemento os dous meses de verán en Ordes"

Foto: Espectáculo de monicreques na Alameda durante o pasado verán 2009.

*