domingo, 25 de julio de 2010

Aínda non coñeces o Museo de Juanjo Liñares?

.
O edificio, ubicado no Campo da Feira, xa é unha das máis importantes referencias culturais da nosa vila

O Museo do Traxe Juanjo Liñares, xa se ten convertido en todo un referente e nun atractivo máis para todos os visitantes da vila de Ordes.

O edificio, que está ubicado nas inmediacións do Campo da Feira, consta de tres plantas, repartidas en diferentes departamentos. Así na planta baixa é onde se pode encontrar o salón de actos, lugar no que se están a realizar ademais diferentes iniciativas como cursos, conferencias ou exposicións. Tamén nesta planta está ubicada a biblioteca con todo tipo de libros sobre danza donados tamén polo folclorista ordense Juanjo Liñares.

Pero a zona de exposición propiamente dita encóntrase na primeira e a segunda planta, cada unha cunha sala de exposicións formadas por amplas vitrinas onde están expostos os traxes da colección de Juanjo Linares.

Traxes de Antonio Gades, Rocío Jurado ou Manuela Malasaña
Neste momento están expostos preto de 300 traxes dos máis de 1.000 que donou Liñares, e que están almacenados dentro das instalacións. Uns traxes da máis variada índole, entre os que se enontran diferentes traxes rexionais de toda España, así como tamén a nivel internacional, e outro tipo de traxes con gran curiosidade como o traxe utilizado por Antonio Gades no ballet Bodas de Sangre, un traxe flamenco pertencente a Rocío Jurado ou un traxe de finais do principios do século XIX pertencente á heroína da Guerra da Independencia, Manuela Malasaña. Ademais tamén se inclúe unha mostra de cruces donadas tamén polo bailarín, así como fotografías da súa andaina artística, e libros e debuxos de Liñares repartidos polas instalacións.

A entrada ao Museo ten un prezo de 1 euro para as persoas menores de 18 anos e maiores de 65 anos, 1,50 euros para grupos a partir de dez persoas e 2 euros para o resto de público.

Para todos aqueles que queiran visitar as instalacións do museo, as instalacións están abertas todos os días, excepto os luns, de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, os domingos e festivos o Museo abre tamén as súas portas en horario de mañá.

*