viernes, 2 de julio de 2010

Curso de atención sociosanitaria

.
Dirixido a persoas desempregadas

O Concello de Ordes puxo en marcha o pasado mércores un curso formativo de atención sociosanitaria enmarcado dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

O curso, cuxas clases se están a desenvolver nunha das aulas da nave de Mesón do Vento, constará de 620 horas de duración con prácticas non laborais en empresa. Concretamente son 15 as persoas desempregadas que están a participar neste curso e que deberon cumprir os requisitos para participar, como estar inscritos no Servizo Público de Emprego e ter o Graduado en ESO.

*