viernes, 30 de julio de 2010

O Concello leva a cabo as obras de mellora do parque Félix Rodríguez de la Fuente

.
As obras permitirán adaptar os xogos do parque á normativa europea de seguridade

González: "Os nenos e nenas contarán cun espazo seguro e adaptado a todas as necesidades"

O Concello de Ordes está realizando as obras de mellora do parque Félix Rodríguez de la Fuente. Unhas obras, que tal e como explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto González, consisten na renovación do peche, a colocación de solo de caucho, melloras no entorno, así como a colocación de novos xogos e mellora dalgúns dos existentes co fin de adaptar o parque á normativa europea de seguridade.

As frases de Roberto González, concelleiro de Obras e Urbanismo de Ordes
"Con estas obras o parque quedará totalmente renovado, solventando todas as deficiencias que se podían encontrar neste momento nesta área de xogos, contribuindo así a que os nenos e nenas do municipio conten cun espazo seguro e adaptado a todas as necesidades".

"Tamén se mellorará a accesibilidade da zona e haberá xogos que estarán adaptados para poder participar nenos e nenas que teñan algún tipo de discapacidade"

*