miércoles, 7 de julio de 2010

Iria Martínez Mirás, unha estudante de (case) 10

.
O alcalde, Manuel Regos, recibiu esta mañá á alumna coa mellor nota no expediente académico deste curso en Ordes

Trala selectividade, a estudante do IES nº 1 de Ordes, conta cunha nota no seu expediente de 9,47 sobre 10

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu esta mañá na Casa do Concello a Iria Martínez Mirás, unha alumna do IES Nº1 que conta co mellor expediente académico do municipio tralos exames de selectividade.

Concretamente esta alumna conta cunha nota total no seu expediente, tralos exames de selectividade, de 9,47 sobre 10, a mellor de todos os alumnos ordenses.

O alcalde, acompañado pola concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, quixo felicitar a esta alumna polos seus logros académicos, mostrando a súa satisfacción porque os alumnos e alumnas do municipio sexan un referente a nivel educacional, así como lle entregou un agasallo do Concello.

Estudará Dereito na USC
Iria Martínez Mirás cursou sempre os seus estudos no municipio , primeiro na escola unitaria de Buscás, despois no colexio Castelao e finalmente no IES Nº 1.

De cara ao futuro, esta alumna ordense, explicou ao alcalde que ten previsto estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, estudos futuros para os que Manuel Regos, lle desexou moitos máis logros académicos como o de agora.

No acto Iria Martínez Mirás estivo acompañada pola súa nai e por tres profesores e membros da dirección do IES Nº1, centro para quen o alcalde tamén tivo palabras de felicitación.

*