domingo, 4 de julio de 2010

Éxito dos cursos de primeiros auxilios celebrados na Casa da Cultura

.
Foron dous cursos diferentes nos que se cubriron todas as prazas dispoñibles con 20 participantes en cada un deles

A concellería de Sanidade do Concello de Ordes de Xesús Pedreira celebrou esta semana dous cursos sobre primeiros auxilios que tiveron lugar na Casa da Cultura, totalmente gratuítos e impartidos por docentes do Centro de Formación de Cruz Vermella. Tratouse de dous cursos diferentes que contaron cun gran éxito, ao cubrirse todas as prazas que se ofertaban para participar, cun total de 20 participantes por cada curso.

Situacións críticas e de emerxencia
No primeiro dos cursos, 'Introducción aos primeiros auxilios', que tiveron lugar os días 28 e 29 de xuño, abordáronse dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios, facilitando as habilidades necesarias para poder facer fronte dunha maneira efectiva e segura a situacións de emerxencia que se poden atopar en situacións cotiás.

No segundo curso, titulado 'Curso de primeiros auxilios no deporte' e que tivo lugar os días 30 de xuño e 1 de xullo, abordáronse os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios destinados á atención de situacións críticas que poden orixinarse na práctica deportiva.

*