jueves, 22 de julio de 2010

Clausura do Curso de Verán da USC

.
A clausura do curso foi presidida polo alcalde Manuel Regos e contou coa presenza do Vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Javier Garbayo Montabes e do concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira

O alcalde Manuel Regos clausurou esta mañá o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrou no municipio dende o pasado luns ata hoxe. Un acto de clausura no que tamén participou o Vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Garbayo Montabes, que quixo agradecer ao alcalde que o seu municipio acollese a celebración deste curso, facendo fincapé na importancia de que a universidade saia desta maneira dos campus universitarios.

Sede universitaria por segunda vez
Pola súa banda, o alcalde mostrou a súa satisfacción porque por segundo ano consecutivo a Universidade de Santiago de Compostela escollese Ordes para convertirse nunha das súas sedes durante o verán, así como insistiu na alta participación do curso, arredor de trinta persoas, tendo en conta os momentos de crise que vive o país. Tamén o alcalde fixo fincapé na importancia do tema tratado neste seminario, a xestión de residuos, tema que asegurou, preocupa a todos os concellos. Regos tivo ademais palabras de agradecemento para o director e a secretaria do curso, o profesor Francisco Peña e a profesora Mª Julia Melgar Riol, tamén presentes no acto de clausura.

Desta maneira o alcalde puxo fin a catro dias nos que os participantes no curso puideron ser partícipes das ponencias de importantes representantes tanto de empresas, como de administracións que trataron diferentes aspectos sobre a xestión dos residuos.

Foto: Xesús Pedreira , concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Mª Julia Melgar Riol, Manuel Regos, alcalde de Ordes, o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Javier Garbayo Montabes, e Francisco Peña, director do curso.

*