miércoles, 10 de diciembre de 2008

O Concello está a repartir polos buzóns máis de 2.000 calendarios do ano 2009

.
Engade ademáis un útil directorio de teléfonos municipais de interese
O Concello empezou a repartir o seu calendario para o ano 2009 como xa é tradicional nas últimas semanas do ano. Nesta ocasión optouse por un deseño oblongo co logotipo do Concello na súa parte superior. Aos seus pés, un útil directorio de teléfonos de interese. O calendario, que está escrito en galego, ven dividido por meses co santoral e o calendario lunar.

Según fontes do concello, editáronse máis de 2.000 calendarios que os veciños xa están a recibir nos seus domicilios xunto a unha pequena folla verde coa seguinte lenda:

Todo o que fai grande a un pobo
non é o tamaño do seu territorio
nin o número de habitantes,
senón a grandeza da súa xente

Feliz Nadal e un Excelente Ano 2009

*