miércoles, 2 de abril de 2014

Unha nova 'promoción de informáticos' de Ordes



O Concello fixo entrega dos diplomas dos cursos medio e básico de informática

O Concello de Ordes vén de facer entrega dos diplomas correspondente aos cursos de informática dos niveis medio e básico. Unha vez máis o nivel de aceptación foi moi elevado, cubrindo a práctica totalidade das prazas ofertadas. 

Ramón Vázquez Raña, concelleiro de Cultura, quiso estar presente neste acto de entrega de diplomas, que se levou a cabo na mesma aula de informática ubicada na Casa da Cultura.

*

A Casa da Cultura acolleu unha charla sobre o sector forestal



Interesáronse polas axudas públicas e as ameazas das plagas

O auditorio da Casa da Cultura do Concello de Ordes acolleu onte a xornada informativa sobre as posibilidades do sector forestal

Unha cita gratuíta á que acudiu numeroso público que se interesou polos procedementos precisos para o mantemento e a rentabilidade das súas extensións, así como polas axudas públicas e as distintas ameazas, sobre todo en cuestión de plagas, ás que están exportas. 

Cultivo e xestión sostible
Tamén se abordaron aspectos como o cultivo e a xestión sostible e rendible dos eucaliptos, as perspectivas do mercado actual, a certificación da xestión forestal ou o futuro da biomasa como unha oportunidade de desenvolvemento do medio rural. 

Entre os asistentes atopábase Luis Gómez, concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ordes. Entre os organizadores desta xornada están Ence Energía y Celulosa e a asociación profesional de selvicultores Silvanus.

*

O IES nº 1 de Ordes acolle os cursos Celga de galego



As clases impártense en horario de tarde

O IES Nº1 de Ordes acolle un novo curso de lingua galega Celga 2, no que participan numerosos veciños da zona, moitos deles procedentes doutros países. 

Ao longo dos vindeiros meses impartiranse clases en horario de tarde co fin de impartir os coñecementos precisos para a obtención do certificado Celga.

*

Leira inaugura un novo local social no que se celebrarán misas



Os veciños tamén poderán realizar actividades de todo tipo 

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, inaugurou hoxe o novo local social ubicado na na zona de Bailía, na parroquia de Leira

Un novo espazo que conta con dúas prantas nas que ademais de oficios relixiosos os veciños e veciñas poderán realizar actividades de todo tipo. Á misa inaugural acudiron ademais do alcalde a tenente de alcalde e os concelleiros de Cultura, Urbanismo e Medio Ambiente.

*

Noite de tasca en Ardemil


martes, 1 de abril de 2014

Expo Ordes celebraráse os días 25, 26 e 27 de abril

Como novidade deste ano, dedicaráse unha xornada ás cooperativas agrarias

A Degustación do Champiñón será o domingo 27

Expo Ordes xa ten confirmadas as súas datas de celebración. Concretamente serán os días 25, 26 e 27 de abril. Será a partir das 21:00 horas cando se abran as portas do recinto feiral no Campo da Feira

Trátase dunha das feiras multisectoriais máis importantes da comunidade galega, na cal se amosan as últimas novidades de sectores tan variados como a da construcción, ocio e tempo libre, agricultura, electrodomésticos, automoción, maquinaria agrícola, alimentación, cosmética, seguros, carpintería, asociacións e organizacións sociais etc. 

Xornadas
A xornada inaugural arrancará ás 21:00 horas e nela ofreceráselle unha homenaxe aos empresarios e autónomos da zona. De cara ao sábado 26 de abril será o día adicado á Diversidade Funcional, á Mancomunidade de Ordes e, este ano como novidade, ás cooperativas agrarias. A nota musical virá da man da charanga Ruada.com.


O domingo vivirase o día grande desta cita multisectorial coa XXV Degustación do Champiñón,  na que os establecementos hostaleiros da zona repartirán gratuitamente con cada consumición unha tapa elaborada con este producto. 

Haberá actuacións musicais a acargo do grupo de gaitas de Os Viqueiras de Ordes e da Banda de Música de Ordes, ademais das charangas NBA e Mekánika.

*