sábado, 28 de marzo de 2009

Xa so 323 os atletas inscritos na XIV Carreira Popular


O prazo de inscrición remata o xoves 2 de abril

Un total de 323 atletas de toda Galicia xa formalizaron a día de hoxe a súa inscrición para participar na XIV Carreira Popular Concello de Ordes, que terá lugar o vindeiro domingo 5 de abril. A proba está aberta tanto a atletas federados coma non federados, xa que haberá unha sola clasificación conxunta.

Non se admiten inscricións no día da carreira
O prazo de inscrición remata o xoves 2 de abril ás 22 horas, non admitíndose inscricións nin no día da carreira nin fóra do prazo establecido. En total, o Concello de Ordes estableceu catorce categorías. As inscricións nas carreiras escolares (baby, prebenxamín, alevín, infantil e cadete – é dicir, de 0 a 13 anos-) faranse no fax 981 19 15 59 ou a través do e-mail: inscricionsFGAsantiago@gmail.com.

No impreso deberá constar nome e apelidos co corredor, data de nacemento, localidade, clube e número de licencia federativa ou seguro escola (se fose o caso). Para a carreira absoluta, a inscrición farase a través da web: http://www.championchipnorte.com/.



*