jueves, 12 de mayo de 2011

O PP impulsará unha segunda gardería con servizo de canguros

José Luis Martínez Sanjurjo comprométese cun grupo de nais e pais a proxectar tamén un parque infantil cuberto

O candidato polo Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, anunciou o pasado martes fronte a un grupo de pais e nais, o impulso que dará o seu partido á segunda gardería pública do municipio. O recinto estará ubicado nun lugar náis próximo á vila e ampliará o horario de funcionamento, adaptándose ás xornadas laborais e profesionais dos pais que soliciten este servizo.

Servizo de canguros
A segunda gardería pública de Ordes ampliará tamén o seu abano de servizos, incluíndo unha oferta de canguros, para que os pais podan atender compromisos puntuais imprevistos, ademais de prever a posibilidade de que esta escola pública poda funcionar en horario nocturno ou durante as fins de semana sempre que exista demanda suficiente.

Tamén Martínez Sanjurjo anunciou a súa intención de proxectar, ao carón da nova gardería, un parque infantil cuberto que permita o esparexemento dos máis pequenos en condicións climatolóxicas adversas.

*