miércoles, 16 de marzo de 2011

Os 'comenius' entréganlle a Xesús Pedreira o seu proxecto sobre Medio Ambiente


Pedreira: "O futuro saudable do medio ambiente pasa por traballar coa xente nova coma vós"

Co gallo da visita dos profesores e alumnos polacos e lituanos do proxecto Comenius que visitaron Ordes en días pasados, as profesoras responsables, Isabel Mato e Cristina París, fixeron entrega a Xesús Pedreira, como concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, dos resultados acadados no traballo sobre Medio Natural e Calidade de Vida que levaron a cabo o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do IES Maruxa Mallo dentro deste programa europeo.

Informe no que se recollen os resultados recabados a través de numerosas enquisas e cuestionarios que realizaron a adultos e adolescentes durante os últimos meses.

Asimesmo, o traballo inclúe a entrevista realizada ao edil durante a que destacou que "o futuro saudable do medio ambiente pasa por traballar coa xente nova coma vós" e na que lles contou de primeira man a política ambiental levada a cabo nos últimos anos no concello.

*