viernes, 13 de agosto de 2010

Un novo curso para discapacitados terá lugar en setembro

O prazo de inscrición xa está aberto, debéndose entregar a solicitude na Oficina Integral da Discapacidade do Concello

O Concello de Ordes porá en marcha un novo curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade a partir do próximo día 1 de outubro ata o 31 de marzo de 2011. Trátase dun curso dirixido a persoas que teñan unha discapacidade legal, recoñecida pola Xunta de Galicia nun grao non inferior a un 33%, que se celebrará todos os días laborables da semana catro horas cada día en horario de mañá. O curso é totalmente gratuíto e terá lugar na Aula de Mesón do Vento, ao igual que o que xa se celebrou durante o curso pasado.

Inscricións na Casa do Concello
Todos aqueles que estean interesados en participar deberán formalizar a súa inscrición asinando unha solicitude e aportando unha fotocopia do DNI do interesado e/ou do seu representante, e unha fotocopia da Calificación Legal da discapacidade.

Haberá prazas limitadas polo que se terán en conta as solicitudes que se formalicen por rigoroso orden de entrada no Concello. Para máis información pódese contactar coa Oficina Integral da Discapacidade do Concello de Ordes.

Nas clases desenvólvense diferentes tipos de obradoiros entre os que figuran clases de autonomía e desenvolvemento persoal, clases de cociña, obradoiros de psicomotricidade e relaxación, clases de alfabetización e cultura xeral, que axudan aos alumnos no seu desenvolvemento persoal.

A frase de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes
"Con esta iniciativa, o goberno local do Concello de Ordes pretende facilitar a integración dos participantes na sociedade, á vez de servir como respiro para as familias destas persoas que sofren algún tipo de discapacidade"
 
Foto: Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes.
 
*