miércoles, 15 de abril de 2009

O Espazo Socialista de Charo Fernández, con Aymerich


Veñen de facer público o seú "explícito apoio" a Máis BNG de Carlos Aymerich

Espazo Socialista Galego, partido integrado no BNG e cofundado pola ordense Charo Fernández Velho en novembro de 2008, ven de facer público o seu "explícito apoio" ao proxecto político de Máis BNG e á candidatura de Carlos Aymerich á Portavocía Nacional do BNG.

Aposta pola militancia
"Dende Espazo Socialista Galego -informan a través de nota informativa- cremos que Máis BNG aposta clara e decididamente polo papel da militancia, o maior axente social e electoral do nacionalismo galego, outogárdonlle un nivel de responsabilidade dende o primeiro momento e onde a reciprocidade entre a dirección política e o conxunto dos e das militantes é un valor engadido".


*