lunes, 17 de noviembre de 2008

Roberto González amósanos as obras da futura cidade deportiva


"Cando estea rematada será un orgullo para todo Ordes"

"Na Alameda haberá unha gran sorpresa cultural para todos e todas que coñeceremos nuns dous meses"

O concelleiro de Obras e asíduo lector de Ordessiete, Roberto González quiso respostar persoalmente ás preguntas dun lector sobre a promesa do goberno municipal de construir pistas de atletismo nas proximidades do campo de fútbol de Vista Alegre. O concelleiro confesou que as obras van segundo o previsto e que moi pronto, Ordes terá unha das mellores cidades deportivas de toda a provincia. "Martino está mal da cabeza", dime ao pouco de verme. "Eso que di en internet [v. Ordessiete entrevista a Teodosio Martino] de que cando vira Fraga a inaugurar o Punto Limpo e que eu pasara para adiante… Iso no é verdade. Eu sempre fun moi respetuoso coas institucións e sabía que por diante dun do Partido Popular estaba un alcalde, sexa do partido que sexa”, me decía.

“Tamén dixo que estábamos todos xuntos para cobrar, e eu estou traballando, os outros están traballando e punto. Pero quero que quede claro tamén que cada funcionario gaña máis ca mín. Eu cobro ao mes 1.600 euros. E a miña xornada de traballo comeza as oito e non sei nunca cando acaba. E o teléfono sempre encendido, de noite e de día", comentaba.

Como comezou todo esto da cidade deportiva?
Cando chegou o goberno había unha subvención para o campo que antes era de area e agora de herba artificial. Pero que pasa? O anterior goberno non tiña sitio para o campo. Nós compramos tres leiras alá.

Canto costaron as leiras?
Unha costou 48.000 euros. Unha outra que agora xa forma parte de campo costou 42.000 euros. Onde xogan os rapaces [propio campo] costou 38.000 euros. Agora imos a comprar outra que costa 20.000 euros.

Pero tamén serían ben costosas as obras, non só o solo.
Claro. Este muro de contención costou 20.000 euros. A Deputación pagou o campo solo. O resto o Concello. As torretas de iluminación valen 100.000 euros.

Daquela con que cartos se fan as obras?
Da Deputación son 30.000 euros e despois nós temos que poner máis.

Pero todo isto vai ser para o concello, non?
Claro. Todo isto é noso.

Que haberá aquí no futuro?
Nós queremos unha cidade deportiva aquí. Modestamente, queremos dous campos de fútbol e unha pista de atletismo. Non pode ser moi grande porque para as distancias non hai sitio. Pero para correr está moi ben. Non é para facer as olimpiadas pero para nós sérvenos dabondo. Pero antes hai que terminar eso (gradas, vestiarios e obras varias), hai que pedir unha subvención para a Deputación ou a Xunta.

"Estamos pensando en facer pistas de tenis tamén"
Daquela quedamos en que haberá ata tres campos de fútbol e as pistas de ateltismo.
Estamos vendo tamén para facer unas pistas de tenis. Estamos co proxecto aínda. Tamén haberá unha cancha de fútbol sala aberta, e vestiarios cando haia cartos ao pe do campo de herba artificial. Haberá logo vestiarios, arriba e abaixo.

Pero todo isto apunta ben alto. Atrévome a dicir que será unha das mellores ciudades deportivas de toda a provincia.
Eu penso que si. Agora aos atletas tócalles esperar, pero haberá pistas pronto sen dúbida.

Antes que había?
Había un campo de area pequeño e unha parte del estaba alquilado o solo porque non pertencía ao Concello.

Obras no rural
“En Guindibóo ata Santa Cruz estamos a traer a auga. E nas Casillas onde está a Opel ata alá, agora o alcantarillado tamén. E do polígono ata Cruz Roja auga e alcantarillado tamén. De todas formas, hai 10 días rematou a plaza do campo da feira que quedou ben, non?”

A carpa da Alameda
"A carpa estará tres meses na Alameda. Logo algo haberá por embaixo pero nada se pode saber todavía pero non é nada definitivo aínda. A oposición aínda non sabe nada. O que si, é que si será unha gran sorpresa para todos. Creo que en dous meses saberemos algo. Será algo moi interesante para a cultura de todos e todas".

Crise inmobiliaria
"Nótase moito. Nós tiñamos orzamentados 400.000 euros de licenzas urbanísticas para o 2008 e estamos a mediados de novembro e non chegamos aínda aos 200.000 euros".

Roberto González explicounos con todo detalle o presente e futuro do que será a nosa cidade deportiva no seguinte video:



*