lunes, 7 de marzo de 2011

O marroquí Essaadaqui gaña o III Cross Ambiental Concello de Ordes

Akka Essadaqui (no medio), gañador da proba, xunto a Luis Alfonso Novo (2º) e Juan Carlos Barros (3º).
Houbo trofeos e premios en metálico para os tres primeiros clasificados

O corredor marroquí Akka Essaadaqui, de 31 anos, proclamouse na mañá de onte campión absoluto do III Cross Ambiental Concello de Ordes organizado polo Clube de Atletismo Ordes coa colaboración do Concello. Xunto ao campión, subiron ao podio os atletas Luis Alfonso Novo Veiga e Juan Carlos Barro Rochela, segundo e terceiro clasificado, respectivamente.

Saída da proba na categoría absoluta.
Canicross
Houbo trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, e premios en metálico para os tres primeiros das categorías femenina e masculina da carreira absoluta e da proba de canicross. Ademais tamén se entregaron medallas para os participantes de 0 a 8 anos e camisetas e unha entrada para o Museo do Traxe Juan José Linares para todos os participantes.

Momento da saída das categorías infantís.
Os encargados de facer entrega dos trofeos aos gañadores de cada unha das categorías foron o concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións, José Luis Gómez Candal e a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, Silvia Marín.

*

domingo, 6 de marzo de 2011

Asi, non!

Aspecto dos contedores da acera da rúa Nova esquina Mundito esta mesma mañá. 

Hoxe deixaron varios resíduos voluminosos á beira dos contedores da rúa Nova esquina Mundito

Este tipo de resíduos debe ser levado ao punto limpo de O Balado 

Esta mañá fumos testemuñas dun uso totalmente inadecuado dos contedores de recollida de resíduos orgánicos na rúa Nova esquina con Mundito. Como se aprecia na fotografía, a lo menos un veciño da vila foi quen de depositar á beira do contedor verde dous vellos televisores, e xunto ao amarelo de recollida selectiva de plásticos e bricks, depositáronse varios paquetes voluminosos de cartón.

Este feito constitúe un ilícito xa que este tipo de resíduos debe ser levado a un punto limpo de recollida selectiva.

Que é un punto limpo?
É unha instalación de recollida selectiva e depósito transitorio de residuos sólidos urbáns xerados por particulares que polo volume ou peligrosidade dos mesmos non poden ser depositados nos contedores de resíduos orgánicos de recollida tradicional de lixo.

Que é o que non podo tirar ao contedor de recollida de lixo da miña acera?
Non debes tirar, e polo tanto deberás levar ao punto limpo de Ordes os seguintes resíduos: Papel, cartón, vidro, plásticos e bricks, latas, restos metálicos, electrodomésticos, embalaxes, madeira, restos de poda, pintura, pilas e baterías, medicamentos, roupa e calzado vello, tubos fluorescentes e bombillas, aerosoles e esprais, aceite vexetal, escombros domésticos e plásticos agrícolas.

Onde está o punto limpo de Ordes?
No lugar de O Balado, xunto ao cemiterio municipal. O seu teléfono é 981 693072.

Que horario ten?
De luns a venres de 16:00 h. a 20:00 h. e sábados de 10:00 a 14:00 h.

Que custe ten?
O uso do punto limpo polos veciños de Ordes é completamente gratuíto.

*
  

viernes, 4 de marzo de 2011

Galería de fotos Carnaval 2011 no CEIP Castelao

Queres que todo Ordes coñeza o teu disfraz de carnaval? Mándanos a túa foto e a publicaremos: blogsantiagosiete@gmail.com




O Balado contará con oitenta novos panteóns


O Concello de Ordes deu comenzo ás obras de construción que rematarán nuns dous meses

O Concello deu comenzo xa ás obras de construción de novos panteóns no cemiterio de O Balado despois de solventar unha serie de trámites administrativos. Concretamente trátase de 80 novos panteóns que forman parte dunha primeira fase do proxecto.

Tal e como explicou o edil de Obras e Urbanismo, Roberto González, cada un destes panteóns conta con catro nichos máis o cinceiro, ademais dunha zona cuberta diante de cada un dos panteóns a modo de soportal.

Haberá unha nova fase co outros oitenta panteónsO alcalde Manuel Regos mostrou a súa satisfacción polo comenzo destas obras despois de solventar unha serie de trámites administrativos. Ademais o primeiro edil explicou que estas obras fan referencia á primera fase do proxecto, xa que está prevista a realización dunha segunda fase a través da que se construirán outros 80 panteóns, aumentando así dunha maneira considerable a capacidade do cemiterio ordense.

Está previsto que as obras estean rematadas en dous meses aproximadamente.

*

A Mancomunidade, pola igualdade entre homes e mulleres

A entidade supramunicipal pon en marcha unha campaña baixo o lema 'O traballo en igualdade benefícianos a todos'

A iniciativa do Centro de Información á Muller completarase en xuño coa exposición “Elas ensinan”, da Secretaría Xeral de Igualdade

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de poñer en marcha unha campaña de promoción da igualdade entre mulleres e homes na zona para conmemorar a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora o vindeiro martes 8 de marzo. Baixo o lema “O traballo en igualdade benefícianos a todos”, esta campaña informativa está promovida polo Centro de Información á Muller e se está a executar nos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Exposición itinerante 'Elas ensinan'
Así mesmo, a Mancomunidade de Ordes tamén conseguíu o compromiso da Secretaría Xeral de Igualdade para que a exposición itinerante “Elas ensinan” poida facer unha parada na comarca.

Esta mostra recolle paneis sobre a vida e o traballo de 18 mestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, ás que serviron de modelo profesional e vital. Uns paneis que falan do papel transformador da sociedade que xogaron estas mullleres e a fonda pegada que o seu traballo deixou en todos nós.

Canda eses paneis, a exposición complétase co acceso a unha base de datos onde se recollen as biografías de moitas mulleres mestras. Deste xeito, os veciños e veciñas da comarca de Ordes poderán á información sobre as mestras que desenvolveron a súa actividade nesa comarca.

A frase de Nazaret González, directora do CIM da comarca de Ordes
“Esta mostra é unha homenaxe ás mulleres educadoras, ás mestras galegas dos séculos XIX e XX, como pioneiras da incorporación das mulleres ao mercado laboral. Terémola en Ordes do 10 ao 23 de xuño

*

Máis de 200 atletas participarán este domingo no III Cross Ambiental

Estará precedido dun canicross puntuable para a Liga Galega

Este domingo día 6 de marzo o municipio ordense acollerá o III Cross Ambiental Concello de Ordes “Memorial Estebo Jose”, que incluirá tamén unha proba de canicross puntuable para a Liga Galega. Unha cita deportiva, organizada polo Clube Atletismo Ordes e que conta coa colaboración do Concello e na que partiparán máis de 200 atletas.

A primeira das probas que se disputará será a de canicross a partir das 10:15 horas, unha proba dunha distancia de 8.500 metros e que será puntuable para a Liga Galega.

Tras esta proba seguirán as do resto das categorías, que irán dende os 0 anos a máis de 65, e que suporán o percorrido de diferentes distancias dependendo da categoría. Todas as saídas realizaranse dende o Campo da Feira.

*

Aberto o prazo para as axudas por desprazamento a estudantes do curso 2010-2011

Poderán solicitarse ata o 31 de marzo no departamento de Educación do Concello de Ordes

Terán un importe de ata un máximo de 300 euros

O Concello de Ordes ten aberto o prazo para a solicitude das axudas por desprazamento a estudantes do curso 2010- 2011. Estas axudas poderán solicitalas os estudantes sempre e cando non teñan dereito a transporte escolar gratuíto, ademais de cumprir outra serie de requisitos marcados nas bases da convocatoria.

En canto ao importe máximo das axudas, os estudantes cuxo lugar de residencia diste de 4 a 15 quilómetros do centro de ensino poderán recibir 150 euros, mentres que os que o seu lugar de residencia estea a máis de 15 quilómetros do centro poderán percibir un máximo de 300 euros.

Os impresos para a solicitude destas axudas poden recollerse no departamento de Educación, que dirixe a edila Silvia Marín, na pranta baixa do Concello de Ordes, lugar onde tamén se deberán entregar, unha vez cubertos, xunto á documentación necesaria para formalizar a solicitude. O prazo de entrega de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 31 de marzo.

Bases no BOP de 1 de marzo de 2011
Todo aquel que queira recibir máis información ao respecto pode consultar as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de data 1 de marzo de 2011, así como no propio departamento de Educación do Concello.

Beneficiarios destas axudas
Poderán optar a estas axudas os/as estudantes, sempre e cando non teñan dereito a transporte escolar gratuíto, e que cumpran os seguintes requisitos:

• Estar empadroados/as, tanto o/a solicitante como a súa unidade de convivencia, no Concello de Ordes, cunha antigüidade mínima de dous anos. A situación de alta no padrón deberá, así mesmo, manterse durante o curso escolar, sendo motivo de revogación da axuda o incumprimento da presente condición.

• Residir a 4 quilómetros ou máis do centro de estudos.

• Non estar en posesión de titulación maior ou equivalente aos estudios que desenvolve.

• Cursar estudios nos centros e cursos para os que se solicita a axuda.

• Que a suma das bases impoñibles do IRPF (casiñas 455+465), dos membros que integran a unidade de convivencia, dividido entre o número de membros da mesma non exceda dos 9.333,33 € . No caso de que non teñan obriga de declarar sumaranse os ingresos por todos os conceptos dos membros que integran a unidade de convivencia.

• Que a suma dos valores catastrais das fincas urbanas que pertenzan aos membros da unidade de convivencia, excluída a vivenda habitual, non exceda os 35.000,00 € e que a suma dos valores catastrais de fincas rústicas non exceda os 13.000,00 €.

• Aos efectos do sinalado nos apartados anteriores entenderase por unidade de convivencia a totalidade dos membros que figuren inscritos no mesmo domicilio no padrón municipal. En calquera caso, de seren menor ou incapacitado/a o solicitante, deberá figurar empadroado/a no mesmo domicilio que algún dos seus pais/nais/titores legais.

Non poderán optar a estas subvencións as persoas e entidades ás que se refiren os artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
 
*

O entroido chega o sábado a Parada da man da Orquestra Panorama

Este sábado 5 de marzo haberá unha gran verbena de disfraces

A parroquia de Parada abrirá este sábado 5 de marzo, as celebracións do Entroido 2011 de Ordes cunha verbena de disfraces na que a Orquestra Panorama presentará a súa xira Planet Tour 2011. Tamén está prevista a actuación do Grupo Master o primeiro día de entroido. A organización instalará unha gran carpa para blindar a celebración fronte a calquera tipo de inclemencia meteorolóxica.


Recadar fondos
Os organizadores agardan que esta cita festiva sirva tamén para recadar fondos para novos encontros festivos da parroquia de Parada, como a Festa da Xuventude, prevista para o luns 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas; e as Festas parroquiais de Santa Mariña.

*

jueves, 3 de marzo de 2011

La Xunta ofertará una nueva licencia de radio FM en Ordes

Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios.
El próximo mes de abril se abrirá la convocatoria para licenciar estas nuevas emisoras

El municipio de Ordes podrá contar con una nueva emisora FM de radio municipal. Así lo ha hecho público el secretario xeral de Medios de la Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, ayer miércoles durante la presentación del libro Galicia pola radio. A historia falada, en Santiago de Compostela.

Un total de 80 municipios coruñeses
Según explicó, la convocatoria para las 84 nuevas licencias de radio FM en Galicia, prevista para el próximo mes de abril, abarcarán un total de 80 concellos. En nuestra provincia, además de Ordes, la Xunta ofertará cinco nuevas licencias en Carballo, tres en Cariño, Ferrol y A Coruña, y dos en Arzúa, Cee y Muros.

*
 

Universitarios de A Coruña se interesan polo noso sistema de recollida de aceite doméstico usado

O concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, amosa o funcionamento do contedor de aceite usado da avenida de Alfonso Senra en presencia do alcalde e dun grupo de concelleiros ordenses (Arquivo).

Xa levamos recollidos máis de 5.800 kilos deste resíduo tan contaminante

Podes atopar os contedores na avenida de Alfonso Senra, no Recreo e nas rúas da Feira, Pascual Veiga e Muíño

O sistema de recollida de aceite doméstico que o Concello de Ordes ten implantado nas súas rúas desperta o interese duns estudiantes de Bioloxía da Universidade da Coruña. Seis estudantes de Bioloxía da Universidade de A Coruña contactaron co Concello de Ordes para recabar toda a información necesaria sobre este sistema de recollida selectiva que o consistorio ordense implantou o pasado ano 2008 nas súas rúas.

Os estudiantes están levando a cabo un proxecto de investigación sobre a recollida e xestión de graxas domésticas no que por medio do blogue Medioambiente virgen extra documentan todo o proceso de investigación que levarán a cabo nos próximos meses.

Dende que o sistema de recollida de aceite doméstico se puxera en marcha o pasado ano 2008, na vila ordense lévanse xestionados máis de 5.800 kilos deste residuo o que conleva un beneficio ambiental de menos emisións de dióxido de carbono (CO2) á atmósfera e de menos litros de auga contaminada.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"É unha satisfacción saber da acollida que esta iniciativa está tendo tanto entre os nosos veciños e veciñas, verdadeiros responsables do seu éxito, como por parte dos estudiantes de Bioloxía que mostraron un grande interese polo noso proxecto, e a iniciativa lles serviu como exemplo de boas prácticas

*

O goberno de Ordes reitera o seu ‘non’ á Lei de Augas

Lembran que foi a través dunha proposta da alcaldía o acordo plenario de instar á Xunta de Galicia a retirada da normativa

O goberno local do Concello de Ordes insiste na súa oposición á Lei de Augas de Galicia, ante o que consideran unhas declaracións demagóxicas do BNG local ao acusar ao alcalde de “pasividade” ante o asunto.

Así, dende o grupo de goberno lembran que foi a través dunha proposta da alcaldía, presentada e aprobada no pleno do pasado 27 de xullo de 2010, cando se acordou instar á Xunta a que retirasen esta lei.

Panfletos repartidos polo municipio
O goberno local lamenta que dende o BNG, segundo manifestacións propias, estean a utilizar de maneira electoralista esta cuestión utilizando a demagoxia ao acusar ao alcalde nuns panfletos repartidos polo municipio, de “pasividade” ante este tema, cando foi precisamente unha proposta da alcaldía a que se aprobou en pleno para pedir ao goberno autonómico a retirada desta lei.

*

Os 'comenius' polacos e lituanos, de visita en Ordes


Como contrapartida, un grupo de seis estudantes de 3º e 4º da ESO do IES Maruxa Mallo viaxará de novo a Polonia a finais do mes de abril 

O alcalde Manuel Regos recibiu esta mañá a un grupo de alumnos e profesores de Lituania e Polonia que están a pasar uns días no municipio a través dun intercambio escolar con alumnos de IES Maruxa Mallo.

En total son seis alumnos e catro profesores polacos, e outros seis alumnos e unha profesora lituana os que nos están visitando nestes días, nunha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Comenius da Unión Europea no que participa o IES Maruxa Mallo xunto aos institutos da localidade lituana de Druskininkai e a polaca de Pszczyna. Un proxecto que ten unha duración de dous anos e polo que xa o ano pasado visitaran o municipio outros dous grupos de alumnos lituanos e polacos, así como escolares ordenses viaxaran en dúas ocasións a Lituania e unha a Polonia.

O grupo de estudantes e profesores no salón de plenos da Casa do Concello de Ordes.
A Polonia a finais de abril
A finais do vindeiro mes de abril os alumnos ordenses, que están a acoller nestes días aos seus compañeiros lituanos e polacos, viaxarán a Polonia, dando así por finalizadas as viaxes enmarcadas dentro deste programa. En total vixarán ao pobo de Pszczyna, seis alumnos de 3º e 4º da ESO acompañados por profesores do centro.

Na recepción desta mañá, participaron xunto ao alcalde, tamén os alumnos ordenses anfitrións, así como a directora do IES Maruxa Mallo, Rosa Maceiras, e a coordinadora do programa, Isabel Mato, ademais dos concelleiros de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, e a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín.

Os estudantes centroeuropeos posan co alcalde Manuel Regos e o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Espero que a vosa estancia en Ordes sirva para que vos levedes un bo recordo do noso municipio e que poidades apreciar a xentileza e hospitalidade das nosas xentes. Esta experiencia servirá para que coñezades a nosa cultura, así como para que os nosos mozos e mozas coñezan as vosas, polo que espero que a aproveitedes o mellor posible”

*

Os emprendedores ordenses aprenden a crear empresas


Ao longo das 150 horas lectivas aprenderán, entre outros recursos, a crear un plan de empresa

Un total de doce emprendedores de Ordes e Oroso participan nun curso de creación de empresas convocado polo Concello de Oroso no marco da Rede Xiana, programa dependente da Deputación da Coruña. Trátase dun curso de 150 horas lectivas, presenciais e on-line, que pretende fomentar o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras entre os desempregados, que reciben a formación precisa para transformar as súas ideas de empresa en proxectos reais.

O telecentro de Sigüeiro acolleu onte martes a primeira xornada presencial deste curso. Ao longo de oito horas, os alumnos comezaron a coñecer os recursos existentes e os pasos a dar para a posta en marcha das súas ideas empresariais. Ao longo dos vindeiros días, estes doce emprendedores aprenderán a elaborar un plan de empresa.

*

martes, 1 de marzo de 2011

A Biblioteca prepara unha mostra bibliográfica adicada ao entroido


Máis de medio cento de nenos e nenas ordenses participaron na “Tarde de Contos e Lendas” celebrada o pasado venres e que tivo ao entroido como protagonista

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes quere sumarse un ano máis aos festexos do entroido, nesta ocasión coa celebración de diferentes actividades.


Así, o pasado venres 25 de febreiro tiña lugar nas novas instalacións da biblioteca, unha sesión das Tardes de Contos e Lendas que versou sobre o entroido. Un contacontos foi o encargado de traer a diversión a máis de medio cento de nenos e nenas participantes que bailaron, cantaron e disfrutaron a través do conto “Entroido no zoolóxico”.

'Tardes e contos e lendas'
Desta maneira dábase continuidade ao programa de animación á lecturaTardes de Contos e Lendas”, posto en marcha pola Biblioteca Municipal do Concello de Ordes hai máis de sete anos, que o último venres de cada mes achega o mundo dos contos a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos. Unha actividade que se seguirá a celebrar nos vindeiros meses.

Por outra banda, a Biblioteca Municipal está a preparar unha mostra de fondos bibliográficos relativos tamén á festividade de entroido. Unha mostra que permanecerá aberta nas instalacións do centro ata pasado o sábado e domingo de Piñata, e que incluirá libros de receitas típicos desta época do ano, refraneiros, cancións, novelas e todo tipo de documentación e información sobre o entroido.

Ademais, dende a Biblioteca Municipal do Concello de Ordes quixeron informar de que de cara aos vindeiros meses, tamén está previsto levar a cabo unha nova campaña de animación á lectura, na que teñen a intención de incluirse xuntanzas con diferentes asociacións e colectivos culturais do municipio, xuntanzas que terán lugar nas instalacións da biblioteca.

*

lunes, 28 de febrero de 2011

Aplazada a recollida de sinaturas do BNG contra a Lei de Augas


Terá lugar o xoves 3 de marzo ás 21:00 h. no restaurante El Túnel

O BNG de Ordes lanzou hoxe un comunicado polo que informa do aplazamento para a recollida que sinaturas contra a Lei de Augas que ía ter lugar mañán martes na nosa vila. Finalmente o acto realizarase o xoves 3 de marzo no restaurante El Túnel a partires das 21:00 h.

Poder ver a continuación, un vídeo explicativo da Lei de Augas a cargo de Gonzalo Castro na súa calidade de asesor xurídico do BNG:




*

O Concello pídenos que reciclemos as bombillas e fluorescentes

Contedores de reciclaxe de lámpadas de Ambilamp.
Podes levar as túas lámpadas ao Punto Limpo de Ordes, a ferreterías, tendas de iluminación, supermercados e grandes superficies 

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes a través do seu programa Ordes Recicla, colabora coa Asociación para a Reciclaxe de Lámpadas (Ambilamp) lanzando unha campaña de concienciación para enseñar aos veciños e veciñas da vila a reciclar os fluorescentes e as bombillas de baixo consumo e que coñezan onde se atopan os puntos de recollida destes residuos.


Os puntos de recollida de Ambilamp ubícanse nos establecementos que venden lámpadas: ferreterías, tendas de iluminación, grandes superficies ou supermercados para que os cidadáns poidan desfacerse fácilmente dos seus residuos de lámpadas cando se dirixan a estas tendas a adquirir unha nova.

Dende o Concello informan ademais que o Punto Limpo do municipio ten a disposición de todos os ordenses un colector específico para estos residuos nos que se poden depositar de forma gratuíta. Contactando co Departamento de Medio Ambiente do Concello, chamando ó número de teléfono 981 68 00 02, todos aqueles que estean interesados recibirán toda a información necesaria sobre este sistema de recollida selectiva.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Con esta iniciativa, o Departamento de Medio Ambiente do noso concello, pretende ser un punto de información complementaria á extensión da rede de recollida en pequenos e grandes comercios desta asociación, informándolles de cómo acceder a estos puntos de recollida e por qué é tan importante esa labor de reciclaxe
 
*

Noite de tasca en Trazo este venres

sábado, 26 de febrero de 2011

Martínez Sanjurjo comprométese a implantar un comedor social en Ordes

A presidenta de Cáritas Ordes entre José Luis Martínez Sanjurjo, Pilar Farjas e Diego Calvo.
O 'cocido solidario' recada mil euros doados integramente para Cáritas Ordes

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, comprometeuse hoxe a implantar un comedor social na nosa localidade promovido polo Concello. Sanjurjo efectuou o anuncio esta tarde, no trancurso dun cocido solidario organizado por Cáritas e polo Partido Popular local, e que contou coa asistencia da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e do delegado da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña e secretario provincial do PP, Diego Calvo.
Martínez Sanjurjo amosouse convencido de que “en Ordes temos capacidade, imaxinación e recursos para facer moito máis para axudar aos que peor o están pasando”.

Ao remate do acto, Martínez Sanjujo entregou á presidenta de Cáritas de Ordes o importe recadado nesta actividade solidaria, 1.000 euros, que a responsable da ONG agradeceu en nome propio e no de toda a a organización.

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, candidato do PP á alcaldía de Ordes
“Máis que nun acto político, estamos nunha celebración solidaria de apoio a Cáritas, unha organización da que destacou o esforzo que está a desenvolver neste momento de crise para axudar aos máis desfavorecidos"
 
"Axudando a Cáritas axudámonos a todos


*

O mellor do debate da Lei de Augas

Extraemos para todos vos os mellores momentos do debate de onte en Radio Ordes

Podes coñecer o contido íntegro da charla a través deste enlace



O enxeñeiro Francisco Menéndez, de Augas de Galicia.
 Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia
“Gustaríame saber de onde saiu a subida do 300 por cento da que fala o portavoz do BNG, e do 140 por cento que di o representante do PSOE porque eu non o sei e nós fixemos a lei. Non sei de onde saíron eses cálculos”

"Non se pararon obras en Ordes"
“En Ordes non houbo ningunha obra en tramitación en Augas de Galicia que se paralizara con motivo do cambio de Goberno na Xunta de Galicia”

“O ano pasado, a empresa que máis pagou polo canon de saneamento foron 800.000 euros, non sei de onde saíron os cinco millóns de máis dos que se fala aquí”

“Coa nova lei agora existe un gravame aos usos hidroeléctricos que antes non existía e que agora non interesa dicilo [por parte dos outros participantes]”

"Dentro dun ano veremos se se cobra ou non"
“Eu estou abraiado cos cálculos que estades dando, de verdade. Co tema dos usos agrarios e gandeiros, si estades tan convencidos de que vaise aplicar imos facer unha aposta aquí con el [Quinteiro] de testigo, dentro dun ano vémonos aquí mesmo e vemos se se cobra ou non”

“Esta lei aprobouse en moitos outros sitios, con este canon como é Cataluña por exemplo, é non houbo ningún problema”

"Tivemos tres reunións coa FEGAMP"
“O único problema que prantexou a FEGAMP nas tres reunións que tivemos con eles foi respecto a que non estaban de acordo en que foran os concellos os recadadores

“É absurdo dicir que se está privatizando a auga, en todo caso sería o contrario porque as traídas veciñais se chaman redes privadas de augas. O que se vai facer é pública a auga que é de todos”

“Creo que fixemos algo mal en canto á comunicación da Lei, nós pensamos que este é un bo instrumento, que non terá un impacto negativo, quen non hai nada electoralista, máis ben ao contrario, e que o tempo da e quita a razón”



O concelleiro de Medio Rural, Xesús Pedreira.
  Xesús Pedreira, conselleiro de Medio Ambiente e Medio Rural de Ordes
“Dende o Goberno de Ordes xa votamos en Pleno a retirada desta lei

“A Lei de Augas tamén foi rexeitada pola Deputación de Ourense e mesmo polo goberno do Concello de Frades, ambos gobernados polo Partido Popular”

"As obras hidráulicas irán para os concellos amigos"
“Este canon, xa o dixo o presidente de Augas de Galicia agora, o que quere é cobrar para facer obras hidráulicas que pola experiencia que temos xa sabemos onde van ir; van ir aos concellos amigos

“A Xunta vai a facer agora que os concellos fagan de recadadores. Non contan primeiro con nós e logo queren que lles recademos. O que deben facer vostedes é crear as ferramentas axeitadas para que os cidadáns sexan conscientes de que non van ser os concellos quen cobra este canon”

"Coas enmendas do PSdG-PSOE facíamos unha nova lei de augas" 
“Nós [o PSdG-PSOE] presentamos 171 emendas á lei, aceptáronse dúas e nós, coas nosas emendas, practicamente facíamos unha nova lei de augas

“A mi o que máis me doe e que Xóvenes Agricultores crea en esto e que sexa cómplice do que vostedes están facendo”


Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes.
 Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“A principal novidade que plantexa esta lei é a creación de dous novos impostos: o canon da auga e o coeficiente de vertido que vai supoñer un impacto brutal nas economías domésticas”

“O alcalde do PP de Frades tense manifestado en contra da lei de augas unha vez que o BNG de Frades ten empezado a explicarlle aos veciños en que consiste esta lei e as consecuencias moi negativas que tería para eles”

"Non hai vontade de suprimir o canon da auga"
“O retraso manifesto na tramitación desta lei no Parlamento galego por parte do PP e que acaba de recoñecer o presidente de Augas de Galicia é unha proba de que existe un cálculo electoral porque non se ten vontade de suprimir o canon da auga”

“O regulamento da Lei de Augas do País Vasco contempla unha exención total nos usos domésticos. Isto é o que non pretende facer o Partido Popular no caso galego e por iso están retrasando a aprobación do regulamento ata despois das eleccións municipais

"Hai encuberto un beneficio fiscal ás empresas que máis consumen e máis teñen" 
“ENCE, en Pontevedra pagou o ano pasado, co antigo canon de saneamento, cinco millóns de euros. Como se prevé agora recadar sete millóns de euros co total das industrias do país si xa unha soa pagou cinco? O que hai encuberto é un beneficio fiscal ás industrias que máis consumen e as que máis teñen”

“Por que non eliminan o canon, se coma di o conselleiro de Medio Ambiente, non compensa cobrar aos pozos e traídas particulares? É evidente… porque se quere cobrar

*

viernes, 25 de febrero de 2011

O BNG recollerá sinaturas contra a Lei de Augas

Terá lugar este martes 1 de marzo no restaurante El Túnel, a partires das 21:00 h.

O candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou hoxe que os nacionalistas levarán a campaña que están a desenvolver contra a Lei de Augas ás zonas urbanas da vila de Ordes, con este obxectivo, celebrarán un acto informativo e de recollida de sinaturas o vindeiro martes, 1 de marzo, ás 21:00, no Restaurante El Túnel.

Castro informou de que “unha vez finalizada a campaña nas zonas rurais do concello, trasladaremos a mesma á vila de Ordes, xa que tamén os veciños e veciñas dos núcleos urbáns van a verse afectados por esta lei que vai a suponer unha considerábel suba de impostos sobre a auga, xa que, por exemplo, unha persoa que viva soa verá como a carga tributaria do seu recibo se incrementa en máis dun 363%; e unha familia de tres membros, terá que soportar un incremento do 171%”.

Máis de 800 persoas e 2.000 sinaturas
O candidato do BNG salientou de que “nos 18 actos informativos realizados nas parroquias rurais do concello, temos constatado que os veciños e veciñas de Ordes rexeitan de forma clara e contundente esta lei de augas, como o demostra a asistencia de máis de 800 persoas aos actos e a recollida de máis de 2.000 sinaturas”.

*

Finalizado un novo ciclo dos cursos de conducción eficiente


Debido á demanda destes cursos, está previsto que o próximo xoves 3 de marzo se celebre unha nova convocatoria

O Concello de Ordes finalizou este mediodía unha nova convocatoria dos cursos de conducción eficiente levados a cabo no municipio, promovidos pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa FAEPAC.

Nesta ocasión foron un total de 16 persoas as que participaron nos diferentes cursos que se celebraron onte e hoxe no Centro Comarcal, e que pudieron coñecer as diferentes técnicas que lles permitirán aforrar nos consumos do seu coche.

Inscricións no teléfono 981 680002
Por demanda de varios veciños e veciñas do municipio interesados en participar, está previsto que se realicen dous cursos máis o próximo xoves día 3 de marzo. Así, todos aqueles que estean interesados en participar poden inscribirse nas últimas prazas chamando ao Concello no teléfono 981 680002. Os cursos son totalmente gratuítos.

*

O III Cross Ambiental Concello de Ordes chega o 6 de marzo

O prazo de inscrición para participar nas diferentes probas estará aberto ata o 3 de marzo na web http://championchipnorte.com

O vindeiro día 6 de marzo, Ordes acollerá a celebración dunha das súas citas deportivas ineludibles nos últimos anos, o III Cross Ambiental Concello de OrdesMemorial Estebo Jose”, que incluirá tamén unha proba de canicross puntuable para a Liga Galega. Unha cita deportiva, organizada polo Clube Atletismo Ordes e que conta coa colaboración do Concello de Ordes.

A primeira das probas que se disputará será a de canicross a partir das 10:15 horas, unha proba dunha distancia de 8.500 metros e que será puntuable para a Liga Galega.

Tras esta proba seguirán as do resto das categorías, que irán dende os 0 anos a máis de 65, e que suporán o percorrido de diferentes distancias dependendo da categoría. Todas as saídas realizaranse dende o campo da feira de Ordes.

Inscricións ata o 3 de marzo
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar deberán realizar a súa inscrición ata o 3 de marzo ás 20:00 horas a través de http://championchipnorte.com. O día da proba non se admitirán inscricións.

En canto aos trofeos, haberá para os tres primeiros de cada categoría, para os tres primeiros corredores do municipio na carreira absoluta, e premios en metálico para os tres primeiros da carreira absoluta e os tres primeiros da proba de canicross. Ademais haberá medallas para as categorías dos máis pequenos e regalo dunha entrada para o Museo do Traxe Juan José Liñares de Ordes a todos os participantes.

*

jueves, 24 de febrero de 2011

Pilar Farjas confirma a súa asistencia ao Cocido Solidario deste sábado

A conselleira Pilar Farjas.
Terá lugar no recinto feiral do Mesón do Vento e un custe de 15 euros

A conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Pilar Farjas, ven de confirmar a súa presenza este sábado no cocido solidario organizado por Cáritas e polo Partido Popular de Ordes, e que se celebrará no recinto feiral do Mesón do Vento a partires das 14:00 horas.

As entradas para asistir a esta actividade solidaria –cun custe total de 15 euros dos cales, cinco serán doados integramente a esta onegué-, poden adquirirse en diferentes establecementos da localidade (Bar Salón, Cafetería Nogallás, Restaurante Avelino, Floristería As Camelias) e nas sedes de Cáritas e do Partido Popular de Ordes.

*

Clausurado o curso de mantemento industrial no que participaron vinte desempregados


Tratáronse contidos relacionados coa electricidade, electrónica, neumática, hidráulica e fontanería

O Concello de Ordes deu onte por clausurado o curso de mantemento industrial dirixido a desempregados que puxo en marcha a principios deste mes en colaboración coa Federación de Industria de Comisións Obreiras.


En total foron 20 persoas desempregadas de Ordes as que participaron nesta iniciativa, que se desenvolveu no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento dende o 31 de xaneiro ata onte en horario de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas. No curso tratáronse contidos relacionados coa electricidade, electrónica, neumática, hidráulica e fontanería.

No acto de clausura, o encargado de facer entrega dos diplomas a todos os participantes nesta actividade formativa foi José Mª González Cibes, secretario xeral de industria de Comisións Obreiras de Santiago de Compostela.

*

miércoles, 23 de febrero de 2011

Nova sesión de 'Tardes de Contos e Lendas' na biblioteca municipal

Terá lugar nos baixos da Alameda o próximo venres 25 a partires das 18:30 h.

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acollerá unha nova sesión das "Tades de Contos e Lendas”. Unha iniciativa que terá lugar o vindeiro venres 25 de febreiro a partir das 18:30 horas nas instalacións da biblioteca municipal, ubicada nos baixos da Alameda ordense.

Un contacontos será o encargado de entreter aos nenos e nenas do municipio que participen nesta iniciativa, na que disfrutarán do conto “Entroido no zoolóxico”.

Con esta nova sesión, continúase co programa “Tardes de Contos e Lendas” dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, e que unha vez ao mes, achega aos máis pequenos do municipio ao mundo dos contos nas instalacións da biblioteca municipal, contribuíndo así ao fomento da lectura entre os máis pequenos.

Máis de 1.300 socios activos
A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes, segue a ser un referente en toda a comarca, contando na actualidade con máis de 1.300 socios activos e aumentando o número de usuarios e o abano de idades dos mesmos, e sendo ademais pioneira en canto a horario, instalacións e fondos bibliográficos. O horario de apertura da biblioteca é de luns a venres de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas.

*

Un cento de rapaces, 'diplomados' en educación afectivo sexual

O concelleiro de Sanidade Xesús Pedreira, dirixíndose a un grupo de estudantes do IES Maruxa Mallo.
O Concello deu por finalizados os talleres de saúde nos que participaron alumnos do IES Maruxa Mallo

O Concello de Ordes, deu onte por finalizados os talleres de saúde dirixidos á mocidade do municipio, que realizou en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia.

Uns talleres, nos que participaron máis de 100 alumnos do IES Maruxa Mallo e que se celebraron durante todo o mes de febreiro nas instalacións deste centro educativo.

Adoptar medidas promotoras de saúde
Nesta ocasión tratouse de talleres de educación afectivo sexual cos que se intentou sensibilizar ós mozos e mozas na necesidade de adoptar conductas promotoras de saúde a nivel individual e colectivo, facilitar o análise crítico dos aspectos sociais e culturais relacionados coa saúde e os comportamentos saudables, aportar información e orientación sobre recursos en saúde e servizos de atención dirixidos á mocidade, e previr e reducir riscos aportando información sobre as medidas de prevención axeitadas.

O edil de Sanidade, Xesús Pedreira, foi o encargado de clausurar esta iniciativa no último dos talleres celebrado onte no centro educativo ordense, onde explicou aos mozos e mozas participantes a importancia de adoptar conductas saudables e responsables.

*

O pleno avala a posta en marcha do mercado de abastos

Momento do pleno municipal de febreiro celebrado onte no salón de plenos da Casa do Concello de Ordes.
Onte foi aprobado o seu novo regulamento municipal que permitirá ofertar distintos postos a través de concesión administrativa

Habilitarase nos baixos da Alameda un local de ocio xuvenil

Astray convocará o Consello de Administración de Radio Ordes antes de que remate a lexislatura  

O pleno da corporación municipal aprobou na sesión ordinaria celebrada onte, o novo regulamento municipal da Praza de Abastos. Un regulamento co que, como xa explicara o grupo de goberno, se pretende actualizar o existente que ten máis de 30 anos, e regular o réxime de explotación do mercado.

Así, entre outras cuestións, a través desta nova normativa o Concello establecerá como zona para os postos de venda a planta baixa da praza, ofertando os diferentes postos a través dunha concesión administrativa. Ademais dos postos de venda permanentes, poderanse ofertar produtos da horta de xeito puntual, abrindo así ó mercado os produtos típicos de cultivo na comarca.

Praza de abastos: enmendas rexeitadas
No pleno rexeitáronse tres enmendas ao regulamento propostas polo BNG pero redactadas polos comerciantes que foron acollidas polos grupo municipal nacionalista, en palabras de Castro porque, "ademáis de ser lóxicas e necesarias, defendemos que se debe escoitar aos veciños e veciñas de Ordes e non gobernar de forma despótica como está a facer o alcalde”. Estas enmendas propoñían destinar toda a praza a locais comerciais e non só a planta baixa como é a proposta o goberno municipal, ampliar o prazo da concesión dos postos até 15 anos renovables por períodos de cinco, e eliminar a posibilidade que prevé o Regulamento de decretar o peche dun local de forma unilateral por parte do goberno, e sen alternativa para o comerciante, no caso da realización de obras na praza.

Á primeira das cuestións o edil de Comercio e Industria, José Manuel Tobío insistiu en que non existe unha demanda suficiente para a ocupación da primeira planta, explicando ademais que nos 30 anos da praza nunca foi ocupado este espazo. Ademais volveu a lembrar que durante o ano pasado se mantiveron contactos con cadeas comerciais para a súa posible implantación nesta zona, proposta rexeitada dado á necesidade dun espazo maior por parte de ditas superficies comerciais. Aínda así, indicou que se nalgún momento houbese unha maior demanda bastará cunha simple modificación puntual do regulamento para facer uso comercial desta primeira planta.

A segunda das enmendas presentadas polos nacionalistas solicitaba aumentar o prazo de concesión que establece o regulamento. Aquí, o concelleiro ordense explicou que baseándose nun estudio do interventor, os dez anos establecidos no regulamento son suficientes.

En canto á terceira das enmendas do BNG, na que pedían suprimir un apartado do regulamento no que se especificaba que en caso de obras poderíase pechar a praza ou os postos, Tobío explicou que “evidentemente en caso de que houbese obras proporíanse alternativas e solucións aos afectados, iso cae de caixón”.

"Houbo un periodo de exposición pública"
Por outra banda, o edil de Comercio e Industria tamén quixo desmentir as acusacións dos nacionalistas respecto a que “o alcalde presente unha modificación do regulamento da praza de abastos sen falar antes coa asociación de comerciantes, que se teñen enterado da existencia deste regulamento polos xornais”. Tal e como explicou Tobío, houbo un período de exposición pública do regulamento, un período de alegacións, unha comisión informativa e falouse coa Asociación de Comerciantes de Ordes.

Finalmente o novo regulamento da Praza de Abastos foi aprobado cos votos a favor do grupo de goberno, os edís do Partido Popular e os do grupo dos non adscritos.

Local para a mocidade
Por outra banda o pleno ordense abordou tamén dúas mocións presentadas polo BNG, das que non se aprobou a urxencia. Unha delas na que se solicitaba a dotación dun local para a xuventude no centro do municipio. O portavoz nacionalista Gonzalo Castro lembrou que “esta moción é consecuencia do compromiso adquirido nunha conversa mantida polo BNG coas promotoras da recollida de máis de 1.000 sinaturas que piden un local social xuvenil para os adolescentes de Ordes” saíndo na defensa dunha inicitativa que “resulta máis que necesario fomentar actividades de ocio  entre os rapaces entre 12 e 17 anos, que son uns dos grandes esquecidos na actualidade, o que constitue un grave problema para a formación integral das persoas, nun tramo de idade que é especialmente sensíbel”.

A concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, explicou que non se aprobaría a urxencia desta moción, xa que o tema xa estaba tratado e solucionado. Así, indicou que tras manter conversas cos pais e nais que presentaron un escrito no Concello para solicitar este local para a mocidade, acordouse habilitar para este fin un dos locais dos baixos da Alameda que próximamente serán inaugurados.

Ademais Marín quixo destacar o gran número de alternativas dirixidas á xuventude coas que conta o municipio, como a biblioteca municipal con diferentes postos informáticos ademais do fondo bibliográfico, as instalacións deportivas, a escola de música municipal, ou o amplo abano de actividades que organiza o Concello, ademais da existencia de asociacións xuvenís que contan co seu espazo no municipio.

Ao rematar o pleno, as declaracións da concelleira respecto do encontro co grupo de pais e nais, fixo que unha portavoz do mesmo fixera pública unha declaración polo que negaban ese encontro, tanto con ela coma con calquera outro membro do goberno municipal. Asimesmo, tamén exixen a aclaración da expresión vertida durante a sesión plenaria de "estar utilizando os fillos con fins políticos" por parte deste grupo de veciños.

Radio Ordes, no punto de mira dos nacionalistas
A segunda das mocións presentada polos nacionalistas fixo referencia á radio municipal. Durante o debate, o concelleiro nacionalista Ramiro Recouso manifestou que “nos últimos anos tense evidenciado a utilización de Radio Ordes por parte do goberno de forma manifestamente partidaria e vulnerando as normas máis elementais do respecto ao pluralismo político e social existente no noso concello”.

Recouso sinalou como exemplos disto “o feito de que haxa dous anos que non se celebra un debate con participación dalgún dos membros dos grupos políticos municipais da oposición, ou a ausencia na páxina web de radio ordes de noticias relacionadas coa actividade política dos grupos políticos municipais que forman parte da oposición, limitándose a incluir as noticias relacionadas coa acción do goberno municipal”.

Neste punto foi o concelleiro de Comunicación, Manuel Astray, o encargado de defender o funcionamento da radio, negando as acusacións de falta de pluralismo verquidas polos nacionalistas. Astray asegurou que Radio Ordes é unha radio na que poden participar todos os colectivos ou partidos políticos e comprometeuse a convocar o Consello de Administración antes de que remate a lexislatura.

O edil incidiu en que unha mostra desta transparencia no tratamento dos contidos da radio municipal, é a emisión en directo de todos os plenos, e lembrou tamén que tal e como solicitara o BNG no pleno anterior, o próximo xoves celebrarase un debate sobre a Lei de Augas na emisora municipal. Astray calificou as acusacións dos nacionalistas como infundadas. Finalmente a proposta foi rexeitada cos votos en contra do goberno e dun concelleiro non adscrito do PP.

*

martes, 22 de febrero de 2011

O debate da lei de augas en Radio Ordes terá lugar o xoves 24 de febreiro

Intervirán Xesús Pedreira (Goberno do Concello de Ordes), Francisco Menéndez (Augas de Galicia), Gonzalo Castro (BNG de Ordes) e un representante de Xóvenes Agricultores 

O espazo 'Toca debate' de Radio Ordes acollerá finalmente o xoves 24 de febreiro a partires das 17:00 h. o debate sobre a lei de augas. Ao mesmo comparecerán Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural de Ordes, Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia e Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes.

Tamén participará, aínda por confirmar o seu nome, un representante do sindicato Xóvenes Agricultores.


*

lunes, 21 de febrero de 2011

O PP de Ordes propón unha felicitación unánime á 'Eurovisiva' Lucía Pérez


A intérprete de O Incio (Lugo) recordan os populares que comezou a súa carreira no Festival da Canción de Ordes

Lamentan que o Goberno local eliminase o Festival , que serviou de trampolín a numerosos artistas

O grupo municipal do Partido Popular proporá, no Pleno de mañá, un acordo unánime para que a corporación local remita unha felicitación institucional á artista Lucía Pérez, recentemente seleccionada para representar a España no Festival de Eurovisión. Como a propia intérprete recoñece sempre que ten ocasión, a carreira da primera galega que participará en Eurovisión iniciouse no Festival da Canción de Ordes.

Co gallo deste éxito da intérprete galega, os populares ordenses tamén quieron recordaron que a chegada do cuadripartito que goberna en Ordes "marcou o declive e, finalmente, a desaparición do Festival da Canción, que non só serviu de trampolín para numerosos intérpretes galegos, senón que tamén actuaba como elemento de promoción exterior do municipio, especialmente a través da TVG, que retransmitía o evento". O actual Goberno, insisten, "rematou con esas retransmisións e introduciu unha serie de cambios que acabaron facendo desaparecer definitivamente o certame dous anos atrás".


Obras paralizadas
Tamén mañá o grupo municipal popular preguntará ao equipo de Goberno, entre outros asuntos, polas razóns que explican a paralización das obras da rolda Leste. O Partido Popular atribúe a paralización das obras ás débedas que o Concello mantén coa empresa construtora. Segundo as mesmas fontes que cita o PP, os traballos non se reanudarán mentres o Concello non salde parte das débedas pendentes.

A xuízo dos populares, "a situación de bancarrota na que está inmerso o Concello de Ordes tamén explica, por exemplo, que non se arranxe un aparello expendedor de tickets da ORA, ou un semáforo na zona escola do Paraiso,avariados desde hai varias semanas, pero que non se reparan por falta de fondos nas arcas municipais".

*

Orde do día do pleno de mañá martes, 22 de febreiro de 2011

ORDE DO DÍA

Día: 22/02/2011
Hora: 09:30 h.
Lugar: Salón de Plenos Casa do Concello de Ordes
Entrada: Libre e gratuíta


- PUNTO PRIMEIRO: APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA DA SESIÓN ANTERIOR, DE DATA 25/01/11

- PUNTO SEGUNDO: INFORMES DA ALCALDÍA.


- PUNTO TERCEIRO: APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, REGULAMENTO MUNICIPAL DA PRAZA DE ABASTOS.

- PUNTO CUARTO: DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS E DECRETOS DA ALCALDÍA.

- PUNTO QUINTO: MOCIÓNS.

- PUNTO SEXTO: ROGOS E PREGUNTAS.
 
*

sábado, 19 de febrero de 2011

"Quero darlle a Ordes a visión dun concello para vivir e traballar"

Gonzalo Castro, candidato á alcaldía de Ordes.
Respostas ao encontro dixital con Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes

"Estou en política por valores, por ideas e por principios"

"O asunto de Carrumeiro constitúe un bó exemplo do meu compromiso polos veciños e veciñas de Ordes"

Pregunta ANONIMO 1: É a nova Lei de Augas de Galicia unha medida con afán recadatorio?
É o único afán que ten. A única consecuencia práctica da lei para a xente, é que a Xunta do PP vai cobrar máis pola auga a máis persoas.

Pregunta XABIER I. LOUZAO: Que é o que leva a unha persoa xoven e moi preparada como vostede a meterse en política? Recoméndallle a xente nova que tome máis interese pola política?
É sabido que levo participando en política desde moi novo, xa na organización xuvenil do BNG e nas organizacións estudantís nacionalistas. Móveme o mesmo que me movía daquela, o compromiso co meu país e o compromiso social. Recoméndolle a toda a sociedade, tamén á xente nova, máis interese pola política. Sobre todo hoxe, cando estamos vendo que, ou manda a sociedade ou mandan os banqueiros. No BNG cremos na democracia, na política ao servizo da maioría social, e, sinceiramente, creo que na política de Ordes fai moita falta vocación e principios.

Pregunta PITONISO MAN. ¿Se vostede é alcalde visitará as parroquias e terá reunións cos veciños durante o mandato ou só se acordará delas durante a campaña?
Xa o fixen sin ser alcalde. Gústame dar a cara e estar coa xente nas duras e nas maduras. Estivemos nas parroquias por cuestión de suma importancia para a xente, polas concentracións parcelarias, pola Lei de Augas, e por moitos problemas concretos. Non poderei estar en doce sitios a un tempo, pero non vai ser difícil falar comigo. Todo o mundo sabe xa que un dos meus compromisos será escoitar a todos os vecinos e veciñas.

"O exercicio dun cargo público debe vir acompañado dun escrupuloso respecto ás normas máis esenciais da ética"
Pregunta ANÓNIMO 2. ¿Teme que a polémica do Carrumeiro na que se involucrou o seu nome vaia pasarlle factura agora nas eleccións municipais?
Mais ben todo o contrario, ese asunto constitue un bo exemplo do meu compromiso cos veciños e veciñas de Ordes, un compromiso de transparencia e de adicación plena a Ordes, como supón o feito de ter deixado as miñas lexítimas e legais actividades profesionais antes de acceder ao cargo público de concelleiro do BNG en Ordes, a pesar de que non tiña ningunha obriga legal de facelo, mais, ainda así, decidín deixar a miña actividade profesional antes de ser concelleiro polo meu compromiso co pobo de Ordes e cos seus veciños e veciñas, e porque considero que o exercicio dun cargo público debe vir acompañado dun escrupuloso respecto ás normas máis esenciais da ética.

Este compromiso constitue tamén unha das principais características do proxecto do BNG, e estou convencido de que os vecinos e veciñas de Ordes xa coñecen con claridade quen é a alternativa do BNG, con transparencia e sen anonimatos, e escollerán o seu futuro en liberdade, sen deixarse manipular.

Pregunta MARIA SUÁREZ. Ante a barbaridade que supón a obra de ampliación do Concello, se vostede goberna, ¿vai replantexar o uso de todo o complexo municipal ou tamen o destinará todo a oficinas admistrativas? En canto ao persoal municipal, ¿qué política de persoal municipal vai seguir?, ¿reducción de empregados públicos, consolidación do emprego temporal, redistribución...ect? ¿qué pensa de toda a política de gasto en festas, certames, feiras e demais que leva a cabo este goberno?. ¿suprimiría algunha?
É o compromiso do BNG impulsar unha transformación do noso concello. Trátase de prioridades e coincido en que a ampliación do Concello non era unha prioridade, por esta razón redefiniremos tamén este proxecto, no tocante aos empregados públicos: o respecto á negociación colectiva e a estabilidade das condicións laborais serán obxectivos básicos.

Asi mesmo, comprometémonos a abrir un proceso de diálogo cos sectores sociais para definir as prioridades da acción do goberno do BNG, partindo de tres premisas: impulsar o desenvolvemento económico de Ordes como cabeceira de comarca; mellorar os servizos sociais básicos para atender as necesidades das persoas; e facer do Concello a casa de todos os veciños e veciñas por igual, para facilitar dereitos a todos, non para vender favores a uns poucos. Ordes precisa ter norte, precisa ter rumbo. Todo o demáis debemos organizalo en función de avanzar nese rumbo. A reforma que precisa o Concello de Ordes é ter un alcalde e un Goberno que atenda realmente as necesidades dos seus veciños.

"O BNG nunca participou en ningún dos pactos e cambalaches políticos de Ordes"
Pregunta DESASTRINHO. Non parece claro que o BNG poida acadar a alcadía en Ordes por si mesmo, e por outra parte, todo apunta a que o PSOE vaia ter unha importante caída de votos como castigo a ZP. Logo, estaría disposto a pactar entrar nun goberno municipal con partidos da dereita?
Estamos preparados e dispostos para gobernar en Ordes, para asumir as maiores responsabilidades que os veciños nos queiran dar. O BNG leva anos facendo traballo e propostas, e mesmo conseguindo melloras para Ordes. Agora ímonos esforzar en explicar o noso proxecto de futuro, no convencemento de que pode ser merecente do maior apoio. Polo demais en Ordes temos visto todo tipo de pactos e de cambalaches, pero nunca vimos ao BNG en ningún. Temos unha traxectoria e unha coherencia aquí e en todo o país que nos dá credibilidade, con esa credibilidade é coa que nos presentamos ás eleccións, e podo asegurarle que, por coherencia, o BNG traballará porque en Ordes haxa o cambio que demanda a xente, un cambio que só ten unha opción segura: o BNG. Iso sábenno todos os veciños e veciñas de Ordes.

Pregunta ANA. ¿Por qué en Ordes sempre hai tantos partidos e tantos concejales que cambian dun partido para outro? Vostede tamén vai facer iso se tivera ocasion para formar parte do goberno?
Sigo no BNG desde rapaz e seguirei mentres sexa alcalde de Ordes. Estou en política por valores, por ideas e por principios. As miñas necesidades persoais cubrinas co apoio dos meus e co meu propio esforzó e traballo. Ser alcalde non é unha necesidade persoal, é unha responsabilidade que estou disposto a asumir por conviccións. O exemplo de Teo, de Arzúa, de Allariz, de Carballo, de Pontevedra e tantos outros reafírmame na convicción de que para Ordes tamén será mellor un alcalde e un goberno do BNG. Eu sigo no mesmo sitio no que empecei, e aí seguirei.

"A miña ilusión é ser alcalde do meu pobo"
Pregunta A.A.: ¿Está usando a política municipal en Ordes como trampolín para maiores metas? Pode confirmar que ser alcalde de Ordes é a gran aspiración da súa carreira política?
Se me permite a broma, coa miña idade, agardo que non me teñan que aguantar de alcalde até a xubilación, sobre todo agora que a amplían aos 67. Asumirei esa responsabilidade o tempo razoábel que dure a confianza dos veciños e das veciñas. A vida pode dar moitas voltas, pero teño que dicir que a miña ilusión é ser alcalde do meu pobo, e ese é o meu obxectivo político.

Pregunta Ordessiete. Pensa que o problema do paro xuvenil en Ordes débese en boa parte á falta dun espazo físico idóneo? Que esperanzas alberga respecto a isto coa construcción dun viveiro de empresas, tan reclamada por vostede nesta lexislatura?
Non hai unha soa causa do paro xuvenil. Tampouco a formación parece ser o único problema, ¿canta xente nova formada está en paro ou ten que emigrar? Creo que os gobernos, tamén os municipais, deben impulsar a actividade económica. Os viveiros de empresas acompañados de asesoramento e orientación contribúen en moitos concellos a que a xente nova se anime a materializar ideas e proxectos para gañarse a vida sen ter que marchar, xa que permiten asegurar os primeiros anos de inicio da actividade empresarial ou profesional, que son os máis difíciles. Hai que dicir tamén que os mercados equidistantes de Santiago e A Coruña fan de Ordes un lugar estratéxico con potencial para moitas actividades económicas, e esa vantaxe debese explotar.

Pregunta Ordessiete. Que é o que vostede como candidato á alcaldía pode ofrecer aos veciños de Ordes e os demais candidatos non?
A visión de Ordes como parte dun país, que contribuirá a erradicar o noso aillamento. A visión de Ordes como un concello para vivir e traballar, con desenvolvemento económico e sensibilidade social e ambiental. A visión do Concello como un ben comunitario e non particular. A visión da política desde a honradez e os principios. E moito, moito traballo e cercanía aos problemas dos vecinos e veciñas.

*

Cáritas e o PP de Ordes organizan un cocido solidario o próximo sábado no Mesón do Vento


viernes, 18 de febrero de 2011

Castro trasladará ao Pleno a proposta de destinar un espazo de ocio xuvenil nos baixos da Alameda

O candidato nacionalista asume o compromiso de impulsar dende o próximo goberno un local social amplo na centro da vila

O candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro mantivo hoxe unha conversa coas promotoras da recollida de máis de 1.000 sinaturas que piden un local social xuvenil para os adolescentes de Ordes.

Gonzalo Castro, transmitiu ás nais promotoras desta iniciativa o compromiso do BNG “para fomentar actividades de ocio entre os rapaces entre 12 e 17 anos, que son uns dos grandes esquecidos na actualidade, o que constitue un grave problema para a formación integral das persoas, nun tramo de idade que é especialmente sensíbel”.

O nacionalista comprometeuse coas nais “a trasladar ao Pleno da corporación municipal, que se celebrará o vindeiro martes, a proposta de destinar, de xeito inmediato, un espazo da infraestructura construida nos baixos da Alameda a dar cobertura ás necesidades de ocio dos xóvenes entre 12 e 17 anos

O candidato nacionalista comprometeuse, así mesmo, “a impulsar, desde o próximo Goberno Municipal, a dotación dun local social xuvenil amplo e convenientemente equipado, no centro da Vila de Ordes” .

Sociedade ordense viva e activa
Gonzalo Castro, aproveitou esta conversa para felicitar ás promotoras desta iniciativa “que demostra que a sociedade ordense esta viva e activa” e salientou “o compromiso do próximo goberno do BNG de escoitar a todos os veciños e veciñas de Ordes”.

*