viernes, 18 de febrero de 2011

O goberno leva ao pleno o novo regulamento da praza de abastos

Trala aprobación do mesmo, o Concello ofertará os postos de venda da planta baixa da praza

Tamén poderase comercializar produtos de horta de xeito puntual

O goberno local do Concello de Ordes proporá no pleno que terá lugar o vindeiro martes, a aprobación dun novo regulamento municipal para a Praza de Abastos. A necesidade de modificar o actual regulamento, que ten máis de 30 anos, xorde de adecualo ás necesidades que requiren as estruturas comerciais de Ordes, normalizando ademais a situación dos praceiros.

Trala aprobación deste novo regulamento o Concello establecerá como zona para os postos de venda a planta baixa da praza, ofertando os diferentes postos a través dunha concesión administrativa.

Que sucederá coa primeira pranta
En canto á primeira planta, o concelleiro de Comercio e Industria, José Manuel Tobío, explicou que non existe unha demanda suficiente para a ocupación de dito espazo, indicando ademais que durante o ano pasado se mantiveron contactos con cadenas comerciais para a súa posible implantación nesta zona, proposta rexeitada dado á necesidade dun espazo maior por parte de ditas superficies comerciais.

Aínda así, dende o goberno local, indicaron que no momento no que haxa unha maior demanda bastará cunha simple modificación puntual do regulamento para facer uso comercial desta primeira planta.

Con este novo regulamento preténdese promover a concorrencia e aumentar a variedade de postos de venda de xeito que se preste un servizo máis amplo que beneficie a toda a poboación, poñendo a disposición dos cidadáns os produtos de consumo na mellor calidade posible e os prezos máis razonables.

Ademais dos postos de venda permanentes, poderanse ofertar produtos da horta de xeito puntual, abrindo así ó mercado os produtos típicos de cultivo na comarca.

*

"Nos dous meses posteriores á miña toma de posesión haberá local social para adolescentes en Ordes"

O candidato á alcadía do PP de Ordes toma en consideración a proposta dos pais e nais firmantes desta solicitude

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, informoou hoxe do seu compromiso coa totalidade da proposta dun grupo de pais e nais de Ordes solicitantes de habilitar un local social para adolescentes nos baixos da Alameda. O candidato popular comprometeuse a executar ese compromiso nos dous meses posteriores á súa toma de posesión como alcalde no caso de acadar a maioría nos comicios do vindeiro 22 de maio. Ainda así, Martínez Sanjurjo tamén informou de que o propio Partido Popular de Ordes xa tiña contemplada unha medida similar a esta para engadir ao seu programa electoral.

Martínez Sanjurjo adiantou tamén que, nunha primeira fase, o Partido Popular contempla habilitar parte dos baixos da Alameda de Ordes para albergar o local social para adolescentes, aínda que agarda poder contar cunhas instalacións máis amplas e acaídas a este uso na primeira metade do vindeiro mandato.

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes
“Non é de recibo que como consecuencia da falta de sensibilidade do actual Goberno local, moitos rapaces de Ordes continúen a carecer de un lugar no que reunirse e practicar actividades alternativas

*

jueves, 17 de febrero de 2011

"Queremos un local para a xuventude"

Esta e a peticiòn que un grupo  de pais e nais veciñas de Ordes,
co nexo de unión de ter fillos adolescentes
Ordessiete recibiu hoxe a carta de dúas lectoras que a continuación reproducimos:

Ordes carece de lugares apropiados para disfrutar desta etapa da vida, no que os nenos/as teñen intensos cambios, tanto físicos como mentales. A inestabilidade emocional nesta etapa da vida fan que sexan máis vulnerables a situacións de risco e " ter que mollarse ou estar nun bar" é a ùnica alternativa posible para estar cos amigos cando chove en Ordes.


Por iso, emprendemos fai duas semanas unha iniciativa de recollida de sinaturas para que o Concello habilite un espazo da infraestrutura construida nos baixos da Alameda, ou no seu defecto outro situado no centro da vila que sexa idòneo para esta finalidade, Ordes precisa un local para a xuventude que esté equipado adecuadamente para o disfrute do tempo libre de neno/as comprendidos entre 12 e 17 anos, con instalciòns como billar, tenis de mesa.. proxecións audiovisuais.. etc.

Hoxe entregaremos no rexistro municipal, xunto coas mil sinaturas de veciños/as de Ordes,unha copia das nosas inquedanzas a tódolos grupos politicos, coa ilusión de adquirir un compromiso real e non electoral por parte de toda a corporaciòn municipal, e tamén, coa decepción que vivimos o ver, que, algunha xente, alguns deles integrados nunha lista electoral, pretenderon facer un boicot e crear un ambiente de crispación nesta iniciativa. Non queremos facer màis demagoxia e poñernos a súa altura, con isto, darànse por aludidos, só recordalle que isto non é contra ninguén senòn para todos. Que recapaciten a sua postura, e que non é tarde para sumarse a peticiòn.

*

O Concello organiza unha nova edición dos cursos de conducción eficiente

Terán lugar os vindeiros 24 e 25 de febreiro no Centro Comarcal

O Concello de Ordes organiza a súa terceira convocatoria de cursos de conducción eficiente, totalmente gratuítos, que terán lugar a vindeira semana, os días 24 e 25 de febreiro no Centro Comarcal de Ordes, de 10.00 a 14.30 horas.

Trátase de unidades didácticas orientadas a conductores habituais, non teñen que ser profesionais. Este curso vai orientado, tanto a colectivos de profesionais, policías, bombeiros, parques móbiles, como a particulares.

Teñen unha parte teórica, na que se dan as técnicas de conducción eficiente, e as súas implicacións, e unha parte práctica na que os alumnos desenvolven ditas técnicas. O obxectivo do curso, é que os alumnos coñezan diferentes técnicas que lles permitirán aforrar nos consumos do coche e reducir as emisións contaminantes do mesmo. Esta iniciaiva parte dun convenio do IDAE, INEGA e FAEPAC.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Estos cursos son unha resposta á necesidade de aforro enerxético e respecto ao medio ambiente. Segundo as experiencias recollidas, podemos saber que o aforro medio de combustible por alumno está arredor do 15%, ao tempo que contribuímos á reducción das emisións contaminantes de maneira considerable”

*

martes, 15 de febrero de 2011

Castro non asinará o pacto preelectoral do PP

Afirma que o BNG ten un compromiso firme cos veciños para liderar o cambio en Ordes

O candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro, afirmou, en resposta ao Partido Popular, que “o PP e o alcalde non evitarán que en Ordes haxa o cambio real que demandan os veciños e veciñas”. Castro reiterou que “os veciños de Ordes saben que o BNG é a única alternativa que garantirá un cambio real en Ordes, e iso é o que pretenden evitar tanto o alcalde como o PP”.

O nacionalista salientou que “o único causante da inestabilidade política de Ordes é o PP e os continuos casos de transfuguismo nacidos de intereses persoais dentro deste partido, como no caso das próximas eleccións municipais, onde parece que concurrirán tres candidaturas vinculadas no pasado e na actualidade co PP”.

A este respeito o candidato do BNG afirmou que “cada día resulta máis evidente que o PP e o alcalde, se poden, non dubidarán en unir as súas forzas para tratar de evitar que o BNG lidere o cambio que queren os veciños e veciñas de Ordes”.

"Non se precisa ningún pacto preelectoral"
Gonzalo Castro fixo fincapé en que “o BNG non precisa asinar un pacto preelectoral con ningún partido, nós xa temos un compromiso inquebrantábel cos veciños, que é o de liderar o cambio en Ordes e gobernar para todos sen discriminacións, para todos por igual”.

O candidato do BNG á alcaldía finalizou manifestando que “mal que lle pese ao PP e ao alcalde, cada día máis veciños e veciñas confían en que o BNG é a única alternativa para que haxa un cambio real en Ordes, unha alternativa que será a que gañe as vindeiras eleccións municipais”.

*

lunes, 14 de febrero de 2011

Conta atrás para o Entroido 2011!

Momento do pasarrúas do Carnaval 2010 polas avenidas e prazas da vila de Ordes.
O Concello repartirá máis de 4.000 euros en premios aos mellores disfraces

Abertas as inscripcións no departamento de Cultura do Concello de Ordes (Tlf. 981 680002 / 981 680157)

O Concello de Ordes ten preparado o programa de actividades que se desenvolverán no municipio con motivo da celebración do Entroido 2011.

Aínda que como é costume, o día grande destes festexos será o 12 de marzo, Sábado de Piñata, o martes de Entroido día 8 de marzo tamén terá lugar unha gran “Tarde de Entroidada” a partir das 16:30 horas na Alameda. Unha festa na que os máis pequenos poderán disfrutar cun bo número de obradoiros, entre eles, os de maquillaxe, disfraces, globoflexia, ademais de xogos cooperativos e animación de rúa. En caso de choiva a festa realizarase no pavillón Campomaior.

Uns días máis tarde, o sábado 12 de marzo “Sábado de Piñata”, terán lugar os actos que centrarán a festividade do Entroido no municipio, co tradicional desfile e concurso de disfraces para nenos e maiores.

Un concurso no que haberá diferentes categorías, a de carrozas, a de comparsas infantís e de adultos, e a individual tamén diferenciada entre nenos e maiores. En canto ás caracterísiticas de cada unha das categorías, na de carrozas non haberá límite de idade ou número de integrantes, aínda que sí se limitarán as dimensións da carroza.

A categoría de comparsas estará dirixida a grupos de persoas de máis de cinco integrantes, sendo o apartado de adultos para maiores de 16 anos e o de infantís ata os 16 anos. Por último na categoría individual poderanse presentar disfraces de ata un máximo de cinco integrantes coa mesma diferenciación que a anterior en canto a adultos e infantís.


Máis de 4.000 euros en premios
O Concello de Ordes repartirá máis de 4.000 euros en premios aos mellores disfraces deste concurso que estarán repartidos da seguinte maneira:

Categoría de carrozas: haberá un primeiro premio de 700 euros e un segundo de 500 euros.

Categoría de Comparsas: para adultos haberá un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 400 e un terceiro de 300 euros. Para o apartado de infantís os premios serán de 250, 200 e 175 euros respectivamente.

Categoría Individuais: para adultos haberá tres premios, o primeiro de 200 euros, o segundo de 150 euros e o terceiro de 100 euros. Para o apartado de infantís o primeiro premio será de 150 euros, o segundo de 100 euros e o terceiro de 90 euros.

Ademais a estes galardóns sumarase tamén outro premio á simpatía dotado de 200 euros, e un premio especial do Concello de Ordes á mellor comparsa municipal dotado de 300 euros.


Inscripcións ata o 9 de marzo
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar no concurso xa poden realizar a súa inscrición ata o vindeiro 9 de marzo no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes en horario de 9 a 14 horas, ou ben chamando aos teléfonos 981 680002/ 981 680157.

Dende o goberno local ordense, o alcalde, Manuel Regos, anima aos veciños e veciñas de Ordes a que participen nesta festa adicada ao entroido que, ano tras ano, se ten convertido xa en todo un referente na comarca.

*

Unha produtora de Ardemil gaña o Primeiro Premio da XII Feira do Queixo de Abegondo

O queixo de Abegondo (na foto), é moi similar ao que fai en Arzúa. 
Celebrouse onte no campo da feira de San Marcos coa participación de vinte produtores da provincia

Pilar Candal Carrillo, veciña de Ardemil (Ordes), alzouse onte domingo 13 de febreiro, co Primeiro Premio da XII Feira do Queixo de Abegondo. A produtora ordense impúxose á segunda e terceira gañadoras, as abegondesas Josefa Sánchez Quindimil, quen xa fora gañadora da edición pasada, e a Antonia Suárez Vales.

O campo da feira de San Marcos acolleu unha vintena de produtores do produto lácteo procedentes de municipios da comarca con tradición na súa elaboración, como o propio Ordes,  Abegondo, Mesía, Carral, Bergondo, Oza dos Ríos, Cesuras ou Curtis.

*

domingo, 13 de febrero de 2011

Clausurados os dous cursos de iniciación a informática



Foron postos en marcha polo Concello de Ordes durante o mes de xaneiro

O Concello de Ordes clausurou os dous cursos de iniciación a Windows XP que celebrou dende o pasado mes de xaneiro ata esta semana. Un acto de clausura que consistiu na entrega dos diplomas acreditativos aos participantes no curso.

En total foron 20 os veciños e veciñas de Ordes que participaron nestes dous cursos, que deron por finalizado o primeiro ciclo do circuito deportivo e cultural posto en marcha pola Concellería de Cultura e Deporte para os meses de novembro, decembro e xaneiro.

Novos cursos febreiro-abril
Por outra banda, xa se puxeron en marcha algúns dos cursos da nova convocatoria do circuito deportivo e cultural para os meses de febreiro, marzo e abril. Ademais o departamento de Cultura e Deporte mantén aberto o prazo para inscribirse nos cursos de photoshop, no de iniciación a internet e correo electrónico, e no de perfeccionamento de Windows XP nivel 2, que están previstos para o mes de marzo.

*

"Nós non imos descartar ningún partido para pactar, falaremos con todos"

De esq. a der. Xesús Pampín, Ana María Álvarez (candidata de CideGa á alcaldía de Ordes), e Adolfo Reymóndez.
Falamos co médico Adolfo Reymóndez, fundador e presidente de Cidadáns de Galicia

Foi concelleiro do Partido Popular (1995-2003), e mesmo candidato ao Parlamento Europeo por ese partido en 1994

Esta fin de semana, os ordenses fomos testemuñas do nacemento dunha nova formación política que concurrirá ás eleccións municipais de maio na noso municipio. Trátase de Cidadáns de Galicia (CideGa), un partido fundado e presidido polo médico do centro de saúde ordense, José Adolfo Reymondez Collazo. Ordessiete falou esta mañá con el.

Pregunta. Por que Cidadáns de Galicia se presenta en Ordes?
Resposta. Bueno, creemos que Cidadáns de Galicia pode ter o seu espazo político en Ordes. Somos un partido de centro transversal, abarcamos dende o centro esquerda ao centro dereita. Ademais cremos que as ideoloxías é algo xa trasnoitado.

P. A quen teñen previsto chamar para participar nas súas listas, a antigos membros da política ordense ou a xente nova?
R. Ese vai ser unha das nosas características, queremos dar a oportunidade de participar na política á xente que ainda non tivo ocasión de participar nela.

P. Cando presentarán a súa formación?
R. Neste momento estamos aínda conformando a lista electoral. Logo a mediados de marzo faremos a presentación oficial á cidadanía, con Ana María Álvarez de candidata á alcaldía de Ordes por Cidadáns de Galicia.

P. E concretamente en Ordes, que carencias considera que existen e van ser correxidas por Cidadáns de Galicia unha vez cheguen ao Concello?
R. En Ordes é evidente que existen múltiples deficiencias, a principal delas e que en Ordes non hai un posto de traballo, vivimos sempre á sombra de Cerceda, e isto ten que ser correxido. A actividade política de Cidadáns de Galicia centrarase nas políticas de creación de emprego.

"As listas electorais deberían ser abertas"
P. Considera que deben gobernar sempre as listas máis votadas? Como ve os pactos de goberno, os considera lícitos?
R. Si, eu penso que si debería gobernar a lista máis votada, pero tamén considero lícitos os pactos de goberno. Realmente o que considero máis necesario sería que as listas electorais foran abertas e ademais que existira un límite de tempo no goberno municipal. Ninguén debería permanecer no poder máis de oito anos seguidos.

P. Cales son os seus obxectivos electorais en Ordes?
R. Pois acadar un resultado suficiente para poder gobernar a través de pacto ou como sexa. Nós non imos a descartar a ningún partido para isto, falarase con todos, porque esa ademais será uha das nosas premisas, o diálogo.

Que vai saber aportar Cidadáns de Galicia aos veciños de Ordes?
Cidadáns de Galicia vai saber darlle participación aos veciños na política municipal, vai ofrecer un Concello aberto a todos y vai saber crear políticas dirixidas á creación de emprego.

Quen son Cidadáns de Galicia?
Cidadáns de Galicia (CideGa) é un partido político fundado e presidido por José Adolfo Reymondez Collazo. Foi constituído como tal o 22 de setembro de 2006 e o seu enderezo social está na Rúa do Vilar 43, 1º de Santiago de Compostela. Nas eleccións de maio de 2007 preséntanse en A Estrada (Pontevedra) e acadan 1.390 votos (9,69%), o que tradúcese en dúas actas de concelleiro que finalmente ocuparían José Manuel Reboredo e Juan Antonio Torres. Ambos edís causarían baixa deste grupo político durante o pleno de 3 de setembro de 2010 para constituírse en grupo municipal de non adscritos e solicitar á vez a disolución de CideGa no municipio. Tal decisión fai reaccionar a Reymóndez ata o punto de denunciar á Consellería de Presidencia unha revisión deste acordo plenario e instar a súa nulidade.

Pouco despois, o 9 de setembro de 2010, o presidente do PP local de A Estrada, Juan Constela, confirma a fichaxe dos dous ex CideGa para as listas populares. “Volven á casa de onde nunca tiveron que marchar”, declararía o líder local do PP á prensa. Este municipio sería o único pontevedrés no que CideGa presentaría candidatura en 2007.

Na nosa provincia, a formación presentaríase nas Municipais de 2007 en Melide, onde alcanzarían 213 votos (3,98%), aínda que peor sorte correrían en Noia, onde acadaría un total de 157 votos (1,67%). En ámbolos dous casos, votos insuficientes para formalizar acta de concelleiro.

En Lugo probarían sorte no concello de Monterroso, onde CideGa foi a forza menos votada das catro que concurrentes, acadando tan só 34 votos (1,09%). En Ourense non presentarían ningunha candidatura ás Elección Municipais de 2007.

Quen é o seu presidente?
Adolfo Reymóndez Collazo nace en Touro (A Coruña), o 15 de maio de 1959. En 1983 licénciase en Mediciña pola Universidade de Santiago de Compostela, e na actualidade exerce coma médico na sanidade pública, concretamente na praza en propiedade que dende 2006 posúe no centro de saúde de Ordes.

Foi candidato á alcaldíaconcelleiro do Partido Popular (1995-2003) en Rianxo, e mesmo presidente do PP desa localidade arousá. Foi subdirector do Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), e director xerente do Hospital Comarcal de Valdeorras. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 26 de maio de 1994 forma parte da lista do Partido Popular no posto 50º que encabezaría Abel Matutes.

En setembro de 2006 funda Cidadáns de Galicia e se presenta nun simbólico posto (suplente 3º) na lista por Melide (A Coruña).

*

sábado, 12 de febrero de 2011

Ana Álvarez podría volver a la política municipal de la mano de Cidadáns

Según anuncia un periódico gallego, la ex del PSOE formará una candidatura junto a Xesús Pampín

El partido político Cidadáns de Galicia (Cidega) presentará, según adelanta hoy un medio de comunicación, candidatura al Concello de Ordes de la mano de la ex concelleira socialista Ana María Álvarez. La conocida comerciante ordense estará acompañada al menos del también ex concelleiro socialista Xesús Pampín y del propio presidente del partido y médico en Ordes, Adolfo Reymóndez.

Puedes ver el vídeo de despedida de Ana María Álvarez como concelleira del gobierno del Concello de Ordes a continuación:



*

Martínez Sanjurjo comprométese a respectar que goberne o partido máis votado

Dirixirá unha carta aos restantes candidatos instándoos a formalizar en documento público ese mesmo compromiso

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, informou hoxe da súa intención de remitir unha carta aos restantes cabezas de lista instándoos a asinar un documento, con anterioridade ás eleccións municipais de maio, no que todas as formacións se comprometan a deixar gobernar ao partido máis votado nas furnas.

Martínez Sanjurjo reta deste xeito aos demais candidatos a asumir formalmente ese compromiso que entende como o máis democrático e de maior respecto á decisión dos electores.

*

viernes, 11 de febrero de 2011

Regos adaptará a Biblioteca Municipal a persoas con discapacidade visual


Reuniuse coa presidenta e o delegado da ONCE en Galicia para coñecer de primeira man as novas tecnoloxías ao respecto

O alcalde Manuel Regos, acompañado pola concelleira de Discapacidade, Silvia Marín, reuniuse esta semana co delegado da ONCE en Galicia, Eugenio Ferradás, e a presidenta autonómica de dita entidade, Dolores Venancio, na sede da ONCE na cidade de A Coruña.

O motivo da visita do rexidor ordense ás instalacións da ONCE foi coñecer de primeira man as novos aparellos tecnolóxicos, ferramentas, así comor recibir asesoramento por parte de profesionais, para a futura adaptación da Biblioteca Municipal de Ordes, co fin de facilitar o uso dos seus servizos a persoas con diferentes discapacidades de carácter visual.
O alcalde de Ordes e a concelleira de Discapacidade coñeceron as novidades tecnolóxicas para discapacitados.
Estudio das necesidades e adaptación
Agora e tras esta primeira toma de contacto, tal e como explicou o alcalde ordense, farase un estudio das necesidades e as prioridades para a adaptación da biblioteca, e posteriormente, levaranse a cabo as actuacións e a adquisición do material necesario.

Hai que recordar que o Concello de Ordes foi pioneiro na creación dunha concellería adicada específicamente á Discapacidade, así como dunha Oficina Integral da Discapacidade a disposición de todos na Casa do Concello. Ordes conta cun importante número de veciños con algún tipo de discapacidade, sendo na actualidade arredor de 1.000 os casos rexistrados.Este tipo de actuacións súmanse ás outras iniciativas e actividades levadas a cabo polo Concello dirixidas a este colectivo, como cursiños formativos para persoas con diferentes diversidades funcionais, xornadas informativas ou actuacións de eliminación de barreiras arquitectónicas, que tal e como explicou Regos, teñen como único obxectivo “facilitar a integración deste colectivo nos diferentes ámbitos da sociedade”.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes 
“A nosa intención é poder facer accesibles os servizos da nosa biblioteca a persoas con diferentes tipos de discapacidades"

"Contamos cunhas novas instalacións nas que xa se superan as barreiras físicas, e agora queremos ir un paso máis aló adaptando o servizo a persoas con discapacidades visuais, para que poidan utilizar este servizo municipal sen encontrarse con ningún tipo de barreira

*

Deu comezo o ciclo de charlas sobre repoboacións forestais nas parroquias


Mesón do Vento foi o lugar onde se celebrou a primeira delas

A concellería de Medio Rural deu onte comenzo ao ciclo de charlas sobre repoboacións forestais que terán lugar en diferentes parroquias do municipio, organizado en colaboración com Unións Agrarias Upa. A primeira das charlas celebrábase onte pola noite no recinto feiral do Mesón do Vento, á que acudiu tamén o edil Xesús Pedreira.

Estas charlas teñen como obxectivos dar a coñecer as especies forestais máis importantes e os seus ciclos produtivos, cómo preparar o terreo para a repoboación e sementar e plantar árbores correctamente así como, dar a coñecer os distintos métodos de repoboación forestal e as épocas específicas para a súa realización, rendementos económicos e trámites administrativos a levar a cabo.

As vindeiras datas de celebración destas charlas serán:
Vilamaior: 17 febreiro no Local Social ás 20.30 h
Beán: 24 febreiro na Casa Rectoral ás 20.30 h
Mercurín: 1 marzo na Escola Pública ás 20.30 h
Buscás: 10 marzo no Local Social ás 20.30 h

*

jueves, 10 de febrero de 2011

Sanjurjo (PP): "Non hai nada máis que debater da Lei de Augas que non fora xa debatido no Parlamento de Galicia"

O candidato popular José Luis Martínez Sanjurjo. 
"A lei non é tan mala como o BNG quere facernos crer"

"Estarei encantado de debater en Radio Ordes temas verdadeiramente importantes para os ordenses, como por exemplo a tramitación do PXOM"

Segundo as declaracións de onte de Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes, o candidato do PP á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo rexeitaba a invitación a participar no debate da Lei de Augas que lle fixera o concelleiro de Réxime Interior e Comunicación, Manuel Astray. Ordessiete púxose en contacto co candidato popular para coñecer os detalles.

Pregunta. É certo que rexeitou a participación no debate da Lei da Augas en Radio Ordes?
Resposta. Si, así é.

P. E por que?
R. Pois moi fácil. A Lei de Augas é unha lei autonómica que foi debatida e posteriormente aprobada polo Parlamento de Galicia. Non hai nada máis que debater, é de obrigado cumprimento e agora so queda regular os seis regulamentos que a desenvolven.

P. Pero tan mala é esta lei para os ordenses?
R. Claro que non. En absoluto supón unha suba das tarifas como o BNG quere facernos crer.

"Existen temas máis importantes que esta Lei de Augas"
P. Logo por que toda esta polémica?
R. O BNG xa comezou con ela cando a lei aínda era un anteproxecto, alá polo outono pasado repartindo panfletos contra a mesma…Insisto, xa non hai nada máis que debater sobre esta lei que non fora debatido no Parlamento de Galicia, ademais existen outros temas moito mais interesantes para os veciños de Ordes, como as políticas municipais de emprego ou mesmo o Planeamento Xeral que é un tema que está bastante esquecido.

P. Seguirá o debate por Radio Ordes?
R. Si, o seguirei, aínda que non teño claro se finalmente se realizará. Ademais, quen irá ademais do BNG, o alcalde, Pedreira…?

"Astray e o BNG...e contra quen debaterán?"
P. Fálase de que pola parte do Goberno comparecerá Manuel Astray.
R. Pois moi ben se é Astray e o BNG…E contra quen debaterán? Insisto en que este debate non ten ningún obxecto, non hai nada máis que discutir desta lei xa aprobada polo Parlamento de Galicia.

P. Pero que rexeite este debate non quere dicir que non poida asistir a outros, non si?
R. Claro que non, todo o contrario, estarei encantado de participar en debates en Radio Ordes moito máis importantes que este.

P. Como por exemplo?
R. Pois como por exemplo a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que é unha medida trascendental para o futuro de Ordes.

*

Preto de 200 escolares disfrutaron dun espectáculo de promoción do galego na Casa da Cultura


Enmarcado dentro do programa Boca Aberta promovido pola Xunta de Galicia, e que contou coa colaboración do Concello de Ordes

A Casa da Cultura do Concello de Ordes converteuse esta mañá nun gran escenario teatral para os nenos e nenas do municipio. Preto de 200 escolares dos colexios A.D.R. Castelao, CEIP Campomaior e o CEIP de Mesón do Vento participaron nunha das actividades enmarcadas dentro do programa Boca Aberta que promove a Xunta de Galicia co fin de fomentar a lingua galega, e que contou coa colaboración do Concello de Ordes.

Señor Mundo, dígame?
Concretamente o espectáculo dirixido a estes escolares ordenses, consistiu nun recital de poesía que naceu a partires de dous poemas de Paula Carballeira, titulado 'Señor Mundo, dígame?'. Un espectáculo no que a poesía estivo acompañada por unha posta en escea dinámica conducida por dous graciosos personaxes (Plimplín e Clan), dous exploradores que se encargan de axudar ó Señor Mundo.

Ao acto acudiu, ademais dos escolares e mestres destes centros educativos ordenses, a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, Silvia Marín.

*

miércoles, 9 de febrero de 2011

A dirección de Radio Ordes confirma que haberá debate sobre a Lei de Augas

O xornalista Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes.
Terá lugar nunha data próxima e poderá ser seguido a través do  107.3 FM do dial

Martínez Sanjurjo (PP) rexeita o convite de Manuel Astray a participar "por non alimentar as demagoxias do BNG de Ordes"

O director de Radio Ordes, Pablo Quinteiro, fixo hoxe públicas unhas declaracións en resposta á solicitude de onte do concelleiro nacionalista Ramiro Recouso de iniciar un debate na emisora municipal sobre a Lei de Augas co alcalde Manuel Regos.

Así, Quinteiro confirma que tal e como se acordou no último pleno municipal celebrado hai escasamente dúas semanas, Radio Ordes levará a cabo un debate sobre la lei de aguas. A cita desenvolverase en breve dentro do espazo 'Toca debate', programa que aborda diversos temas políticos, económicos e sociais que atañen directamente ó municipio e no que participan veciños e representantes do concello.

Non foi Recouso senón Castro
En relación co escrito enviado polo BNG de Ordes aos medios de comunicación no que se insta óao alcalde á realización deste debate, a dirección da emisora local lembra que non foi Ramiro Recouso, senón Gonzalo Castro quen solicitou a celebración deste debate. Unha solicitude que non lle foi plantexada ó alcalde de Ordes senón ó concelleiro de Persoal, Réxime Interior e Comunicación, Manuel Astray Mariño, tras a desaprobación dunha moción presentada polo BNG sobre este tema.

Así, dende a dirección de Radio Ordes tíldase de manipulación informativa o escrito no que se insta a Manuel Regos a que cumpra co seu compromiso de realizar dito debate. Tamén queren poñer en coñecemento de todos os oíntes e veciños que se está a traballar no tema, así coma noutras propostas plantexadas por membros da oposición, como por exemplo as concentracións parcelarias.

Referente ó debate sobre a lei de augas, Manuel Astray como responsable directo da emisora, solicitou persoalmente a participación do actual candidato do PP a alcaldía de Ordes. Unha invitación que José Luis Martínez Sanjurjo rexeitou por “non querer participar e alimentar as demagoxias do BNG de Ordes” según manifestou.

As frases de Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes
“Non é a primeira vez que o BNG insinúa e incluso nos acusa de manipular a información e de vetalos, polo que este escrito e o que nel se insinúa non é unha sorpresa para nós”

“En multitude de ocasións poñémonos en contacto con Gonzalo Castro para emitir as súas explicacións sobre diversos asuntos. Sempre foron convidados ós debates e no informativo das 14.30 horas téñense ofrecido declaracións sobre as emendas e mocións presentadas nos plenos"

"Que a oposición teña un nivel de participación tan elevado nunha emisora municipal é algo impensable en calqueira outro medio municipal. E si esto sucede así é grazas ó talante democrático e a liberdade que tanto Manuel Regos como Manuel Astray profesan hacia as labores e os traballadores desta emisora”

*

Excursión á Costa da Morte para os maiores

A praia Carnota no municipio do mesmo nome, na Costa de Morte.
Visitarase Muros, Carnota e Fisterra o sábado 19 de febreiro a un custe de 24 euros por persoa

Incripcións no departamento de Servizos Sociais do Concello 

O Concello de Ordes organiza unha excursión dirixida á terceira idade do municipio. Nesta ocasión a visita realizarase á Costa da Morte o vindeiro sábado, 19 de febreiro.

A excursión inclúe a visita aos municipios de Muros, Carnota e Fisterra e no prezo tamén se incluirá o transporte, a comida e o seguro da viaxe. O custe por persoa é de 24 euros.

Inscripcións ata o 16 de febreiro
Todos aqueles que estean interesados en participar deberán anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes ata o vindeiro día 16 de febreiro. O concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade, Xosé Manuel Tobío, animou aos maiores do municipio a que sexan partícipes desta iniciativa posta en marcha polo seu departamento.

*

martes, 8 de febrero de 2011

A Casa da Cultura acolleu a entrega dos diplomas dun curso para autónomos


Organizado pola Cámara de Comercio de A Coruña, coa colaboración de Acordes e o Concello de Ordes

O concelleiro de Comercio e Industria do Concello de Ordes, José Manuel Tobío, acompañado por Ángel Noguerol, técnico de comercio interior da Cámara de Comercio de A Coruña e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Ordes, Natalia Barreiro, fixeron entrega onte dos diplomas acreditativos do curso titulado “Programa de apoyo al pequeño comercio”, celebrado en Ordes dende o mes de abril ata xullo e no que participaron 17 comerciantes do municipio e a comarca.


Tratouse dunha acción formativa da Cámara de Comercio e a Fundación Incyde, que contou coa colaboración do Concello de Ordes e a Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes) e que estivo subvencionada polo Fondo Social Europeo.

No acto de entrega dos diplomas, que tivo lugar na Casa da Cultura ordense onte pola noite, o edil José Manuel Tobío mostrou a total dispoñibilidade do Concello neste tipo de iniciativas que non teñen outro obxectivo que servir de axuda e apoio ao comercio local, así como agradeceu tanto a colaboración e o traballo da Asociación de Comerciantes de Ordes, como da Cámara de Comercio de A Coruña, na posta en marcha desta iniciativa.

Novas estratexias comerciais
O curso, que constou de 320 horas, tivo como obxectivos facilitar a adaptación dos profesionais do sector que se enfrentan a esixencias laborais derivadas, en especial, das innovacións xurdidas polas novas estratexias comerciais; desenvolver redes de cooperación entre produtores, proveedores e clientes; a consolidación do empresario no mercado; a expansión no mercado; a mellora da súa competitividade e o coñecemento da súa propia empresa e das súas posibilidades.

As materias que se trataron durante o curso foron dirección de proxectos, marketing, finanzas, cuestións xurídicas e fiscais, internet e comercio electrónico, calidade e medio ambiente, recursos humanos e prevención de riscos laborais, arquitectura de interiores e escaparatismo e igualdade de oportunidades.

*

Recouso 'reta' a Manuel Regos a debatir a Lei de Augas en Radio Ordes

O nacionalista lembra que o alcalde aceptou esta petición durante o último Pleno

Recouso: "Os veciños teñen dereito a ser informados desta lei que lles afectará de forma moi grave"

O concelleiro do BNG, Ramiro Recouso Liste, emprazou hoxe ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, a “organizar un debate sobre a Lei de Augas na radio municipal, un asunto de grande importancia para os vecinos e veciñas de Ordes”. Recouso lembrou que “no último Pleno o BNG formulou unha solicitude ao alcalde para a realización deste debate, solicitude que foi aceptada por éste”.

O concelleiro nacionalista salientou que “os veciños de Ordes teñen dereito a ser informados desta lei que lles afectará de forma moi grave, por iso desde o BNG realizamos 16 actos informativos nas parroquias rurais do concello, coa asistencia de máis de 800 persoas aos actos e a recollida de máis de 2.000 sinaturas en contra desta lei, o que demostra o rexeitamento dos veciños a unha lei inxusta, que incrementa o custo dun servizo básico nun contexto de forte crise económica”.

Veciños "ben informados"
Ramiro Recouso demandou do alcalde que “actue con responsabilidade e en lugar de trasladar informacións erróneas aos veciños, organice un debate sobre este importante asunto, para que os veciños poidan estar ben informados do mesmo”.

*

domingo, 6 de febrero de 2011

“A nova lei de augas posibilitará que pozos e traídas particulares non teñan que pagar o novo canon”

O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez Iglesias,  convidado polo PP de Ordes, deu unha conferencia para explicar os detalles da nova lei de augas

O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez Iglesias, afirmou onte en Ordes que pozos particulares, e traídas veciñais terán unha reducción do 90%, e a maiores a disposición decimocuarta da lei faculta ao conselleiro a non cobrar o canon que resulte antieconómico para a Administración, segundo explicou nunha reunión informativa convocada polo Partido Popular da localidade para explicar aos veciños as principais novidades da lei de Augas de Galicia, aprobada recentemente.

No transcurso do acto celebrado na Casa da Cultura, Menéndez Iglesias tamén aclarou que o canon da auga e de obrigado cumprimento da directiva marco da Unión Europea, por iso todas as Comunidades Autónomas están obrigadas a implantarla (das cales xa está aprobada en 14 delas), non é un imposto de nova creación, senón que substitúe ao canon de saneamento que estaba en vigor con anterioridade.

O presidente de Augas de Galicia tamén insistiu en que todo o recadado a través do canon da auga se destinará a financiar obras hidráulicas, como as de abastecemento e saneamento.

Mensaxe de tranquilidade para os veciños
Menéndez Iglesias trasladou unha mensaxe de tranquilidade aos veciños de Ordes, especialmente aos residentes na zona rural, aos que animou a non deixarse enganar polas interpretacións sesgadas da lei de augas e insistiu en que o propio texto recolle expresamente a exención do canon da auga para usos agrícolas, gandeiros e forestais. Tamén aclarou que ningún usuario estará obrigado a instalar contador no seu domicilio.

A visita do presidente Menéndez Iglesias a Ordes responde a unha invitación formulada no seu día polo candidato do Partido Popular á Alcaldía, José Luis Martínez Sanjurjo, para aclarar, definitivamente, segundo o PP local, as interpretacións interesadas que desde determinados ámbitos políticos se teñen feito en relación coa lei de augas.

*

O Concello organiza un ciclo de charlas sobre repoboacións forestais

En colaboración con Unións Agrarias UPA, terán lugar en diferentes parroquias da vila

A Concellería de Medio Rural do Concello de Ordes organiza, en colaboración con Unións Agrarias UPA un ciclo de charlas sobre repoboacións forestais en distintas parroquias da vila.

Estas charlas teñen como obxectivos dar a coñecer as especies forestais máis importantes e os seus ciclos produtivos, cómo preparar o terreo para a repoboación e sementar e plantar árbores correctamente así como, dar a coñecer os distintos métodos de repoboación forestal e as épocas específicas para a súa realización, rendementos económicos e trámites administrativos a levar a cabo.

As charlas levan por título "Especies arbóreas para a repoboación forestal" e terán lugar nas distintas parroquias nas seguintes datas:

Mesón do Vento: 10 febreiro no Recinto Feiral ás 20.30 h
Vilamaior: 17 febreiro no Local Social ás 20.30 h
Beán: 24 febreiro na Casa Rectoral ás 20.30 h
Mercurín: 1 marzo na Escola Pública ás 20.30 h
Buscás: 10 marzo no Local Social ás 20.30 h

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Rural de Ordes
“Para esta concellería é moi importante concienciar aos veciños e veciñas da nosa vila sobre a importancia das repoboacións forestais para o mantemento da flora e a fauna dos nosos montes”

*

sábado, 5 de febrero de 2011

Encontro dixital con...Gonzalo Castro

En exclusiva para Ordessiete, o candidato nacionalista respostará as vosas preguntas

Fainos chegar as túas preguntas a: blogsantiagosiete@gmail.com

O candidato nacionalista á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro, terá esta semana un encontro dixital con Ordessiete no que respostará ás nosas preguntas e a todas aquelas que lles faga a cidadanía ordense a través do noso enderezo electrónico. Para iso, precisamos que todos aqueles que queiran facerlle preguntas ao candidato as fagan chegar con anterioridade ao luns 7 de febreiro ás 15:00 h. ao seguinte enderezo: blogsantiagosiete@gmail.com.

Acéptanse preguntas anónimas e seudónimas, pero non serán atendidas aquelas de carácter ofensivo ou sobre cuestións da intimidade persoal ou familiar do candidato.


Pensa que o paro xuvenil en Ordes é un problema do contedor que pode resolverse coa ubicación dun viveiro de empresas?

De non acadar maioría absoluta, a quen prantexaría un pacto de gobernabilidade?


Que leiutura fai do transfuguismo o do movemento de concelleiros dunhas siglas a outras?


Que será capaz de facer por Ordes que os demais candidatos non vaian ser capaces?


Mándanos as túas preguntas a: blogsantiagosiete@gmail.com

*

viernes, 4 de febrero de 2011

Gonzalo Castro: "O BNG gobernará para todos os veciños e veciñas de Ordes sen discriminacións"


O BNG de Ordes presentou a súa lista para as municipais de maio nun abarrotadísmo El Túnel

As prioridades do BNG para Ordes: Creación de emprego, servizos sociais e participación cidadá

Guillerme Vázquez: "Galiza leva cinco meses destruíndo máis emprego que o resto do Estado"

O BNG de Ordes celebrou onte xoves o acto de presentación das 17 persoas que formarán parte do primeiro tramo da candidatura ás próximas eleccións municipais, candidatura encabezada por Gonzalo Castro e que conta nos primeiros postos coa presenza de Monserrat Rei, Ramiro Recouso, Pablo Vidal e Rosa Neira, e que contou coa participación do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez. A presentación, que se celebrou no restaurante O Túnel, congregou a un numeroso público de veciños e veciñas de Ordes, tanto que o recinto quedou pequeno para acoller a toda axente que se achegou ao acto.

Así mesmo, o BNG de Ordes contou neste acto co respaldo dunha ampla representación da executiva nacional do BNG, onde destacaba a presenza de Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, e Carlos Aymerich, portavoz do BNG no Parlamento de Galicia.

Os salóns do restaurante El Túnel rexistraron un cheo absoluto de xente para coñecer a lista do BNG de Ordes.
"Co goberno do PP o paro en Galiza medra máis que no conxunto do Estado"
Na súa intervención, o portavoz nacional do BNG denunciou que “en Galiza levamos xa cinco meses destruíndo máis emprego que o resto do Estado”. Ante esta situación, manifestou que “o BNG está en condicións de frear o PP porque só o BNG ten políticas verdadeiramente alternativas ás políticas da dereita”.

Guillerme Vázquez asegurou que o PP vai levar a Galicia a liderar as listas do paro en España.
"A candidatura do BNG, a única que representa un cambio real para Ordes"
Os integrantes dos primeiros postos da candidatura do BNG de Ordes interviron salientando que só o BNG representa unha alternativa de cambio real para Ordes. Rosa Neira, membro do comité de empresa de viriato e candidata nº 5, manifestou que o BNG pretende convertir Ordes no verdadeiro motor socioeconómico da comarca.

Pablo Vidal, arquitecto técnico e candidato nº 4, incidiu en que para o próximo goberno do BNG será prioritario adoptar medidas para paliar o desemprego da xente nova, así como fomentar o asociacionismo xuvenil. Ramiro Recouso, empresario e candidato nº 3, animou aos veciños e veciñas de Ordes a dar o paso e apoiar ao BNG para erradicar de Ordes aos políticos que só se presentan para “encher e bandullo e por intereses persoais”. Montse Rei, candidata nº 2, salientou que o BNG “mellorará os servizos sociais no noso Concello, que están a sufrir un grave deterioro e abandono”.

Momento da intervención de Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes.
“O BNG gobernará para todos os veciños e veciñas de Ordes sen discriminacións”
Pola súa parte, o candidato Gonzalo Castro situou como un compromiso fundamental o de “gobernar para todos os veciños e veciñas de Ordes sen discriminacións, para todos por igual”.  E é que, segundo salientou “nas vindeiras eleccións municipais o BNG é a única alternativa de cambio real en Ordes”.

Ademais, o cabeza de lista do BNG marcouse “como prioridade do BNG no próximo goberno a creación de emprego, de servizos sociais e a participación cidadá”. Neste sentido, Castro anunciou o compromiso do BNG de elaborar uns orzamentos participativos, a construción e impulso dun viveiro de empresas, a modernización da praza de abastos e o impulso do tan necesitado e demandado centro de día de Ordes. O candidato concluíu afirmando que “o BNG é a alternativa da xente que quere que en Ordes haxa un cambio real”.

Foto arriba: De esquerda a dereita, Carlos García, Mónica Pedreira, Paula Castenda, Manuel Beiras, José Antonio Raña, Gonzalo Álvarez, Pablo Vidal, Ramiro Recouso, Rosa Neira, Gonzalo Castro (candidato á alcaldía), María Xosé Raña, Guillerme Vázquez (portavoz nacional do BNG), Paula Costa, Lino Gaudeoso, Óscar Martínez, Gonzalo Veiras, Pilar Rivera e Monserrat Rei.

*

Clausurados os cursos de perfeccionamento en informática celebrados durante o pasado trimestre


Mantense aberto o prazo para os cursos de Photoshop, iniciación a internet e correo electrónico, e perfeccionamento de Windows XP nivel 2, previstos para o mes de marzo

O Concello de Ordes deu por finalizados os dous cursos de perfeccionamento en informática que se celebraron no municipio durante os meses de novembro, decembro e xaneiro.

Estes cursos formaron parte das actividades enmarcadas dentro do Circuíto Cultural e Deportivo que puxo en marcha a Concellería de Cultura e Deporte do Concello de Ordes durante o trimestre pasado. Un circuito que terá unha segunda convocatoria durante os meses de febreiro, marzo e abril para os que está previsto que dean comenzo as clases o vindeiro luns 7 de febreiro. Nesta ocasión celebraranse outros dous cursos de perfeccionamento a Windows XP e un de iniciación.


Aberto o prazo para novos cursos
Ademais o departamento de Cultura e Deporte mantén aberto o prazo para inscribirse nos cursos de Photoshop, no de iniciación a internet e correo electrónico, e no de perfeccionamento de Windows XP nivel 2, que están previstos para o mes de marzo.

Dende o goberno local, o edil de Cultura e Deportes José Ramón Vázquez Raña, mostrou a súa satisfacción polo bo resultado destes cursos así como esperou que a próxima convocatoria teña o mesmo éxito.

Foto arriba: Grupo do curso 1 de perfeccionamento informático.
Foto abaixo. Grupo do curso 2 de perfeccionamento informático.

*

Un grupo de 20 desempregados participan no curso de mantemento industrial


Promovido pólo Concello, terá lugar ata o vindeiro 18 de febreiro en Mesón do Vento

Regos: "A nosa política de emprego céntrase na formación para que os desempregados poidan conseguir un posto de traballo de calidade"

Un total de 20 persoas desempregadas de Ordes están a participar dende esta semana nun curso de mantemento industrial promovido polo Concello de Ordes en colaboración coa Federación de Industria de Comisións Obreiras de Galicia.

As clases, que deron comenzo o pasado luns 31 de xaneiro no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento, celébranse en horario de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, ata o 18 de febreiro. O curso ten unha duración de 60 horas, e trataranse contidos relacionados coa electricidade, electrónica, neumática, hidráulica e fontanería.
Esta iniciativa súmase así aos outros cursos formativos dirixidos aos desempregados do municipio que puxo e está a poñer en marcha o Concello de Ordes e nos que teñen participado xa centos de ordenses nesta situación de desemprego.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“A nosa política de emprego céntrase na formación co fin de que os desempregados ordenses conten coa mellor preparación para conseguir un emprego de calidade

*

Xesús Pedreira reuniuse coa ministra de Medio Ambiente, Rosa Aguilar


O novo decreto do leite abrirá, segundo a ministra, "unha etapa totalmente nova para os gandeiros galegos"

O concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, o socialista Xesús Pedreira, mantivo a semana pasada un encontro en Santiago de Compostela coa ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Rosa Aguilar no que o concelleiro ordense puido coñecer de primeira man os plans do Ministerio para con Galicia e máis en concreto coa nosa comarca de Ordes.

Entrada en vigor do decreto do leite
Así, o Ministerio agarda pola entrada en vigor do novo decreto do leite, prevista para o vindeiro 1 de abril de 2011. Segundo a ministra, a aplicación deste decreto suporá "unha etapa totalmente nova para os gandeiros galegos", na que o marca das relacións contractuais entre o produtor e o distribuidor será o que presida as relacións cotidianas entre ambos. O Ministerio segue o modelo francés que a xuízo da ministra, está ofrecendo  un bo resultado nas explotacións leiteiras francesas.

A ministra tamén puido coñecer de primeira man as actuacións do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) na comarca ordense na que o Ministerio de Medio Rural fixo uha importante achega económica.

Foto: A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Rosa Aguilar co concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Xesús Pedreira a semana pasada en Santiago de Compostela.


*

Martínez Sanjurjo remata a visita polas parroquias recollendo propostas para o programa eleitoral popular

José Luis Martínez Sanjurjo, candidato do PP á alcaldía de Ordes.
O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, virá mañán a Ordes a informar sobre a lei de Augas

O candidato do PP tamén informou da tramitación do PXOM, a lei de augas e as concentracións parcelarias

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, remata no día de hoxe unha rolda de reunións cos veciños das parroquias do municipio nas que, ademais de presentarse, está a recoller propostas que serán incorporadas ao programa co que concorrerá aos comicios do vindeiro 22 de maio.

Un cambio no Goberno local
Os populares destacan as ansias de cambio que detectan nas diferentes reunións, nas que os veciños amosan o seu desencanto coa política de gastos inútiles, fastos e endebedamento que practicou o Concello de Ordes neste mandato, mentres se desentendeu de servizos básicos como o mantemento da rede viaria, a creación de emprego, a aprobación do PXOM, ou a mellora dos equipamentos dirixidos aos nenos e á terceira idade, como colectivos máis vulnerables, tanto no medio rural como no núcleo urbano.

Nas reunións con veciños e diferentes colectivos mantidas nos pasados días, Martínez Sanjurjo ofrece tamén información sobre aspectos como as explicacións reais sobre a nova Lei de augas, a tramitación do PXOM de Ordes, retrasado inexplicablemente desde o Concello, segundo os populares por intereses escuros aínda non aclarados, ou as diferentes fases nas que se atopan os procesos de concentración parcelaria abertos e pendentes de concluír nas Parroquias do municipio.

Ata o de agora, Martínez Sanjurjo ten celebrado reunión cos veciños de Ardemil, Pereira, Lesta, Leira, Mercurín, Bean, Buscás, Poulo, Barbeiros, Parada, Vilamaior e no día de onte, Montaos.

Acto público sobre a lei de Augas
Este sábado día 5, ás 11:00 horas, na Casa da Cultura de Ordes, contarán coa presencia do presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez Iglesias, nun acto público de información sobre a nova Lei de Augas.

*

jueves, 3 de febrero de 2011

Os alumnos do Maruxa Mallo melloran a súa educación afectivo sexual


O Concello de Ordes deu comenzo aos talleres de saúde nos que participarán máis de 100 alumnos do ensino secundario

O Concello, a través da concellería de Sanidade de Ordes, deu comenzo aos talleres de saúde dirixidos á mocidade do municipio, que realiza en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia e nos que participarán máis de 100 alumnos do IES Maruxa Mallo.

Trátase de talleres de educación afectivo sexual cos que se pretende sensibilizar ós mozos e mozas na necesidade de adoptar conductas promotoras de saúde a nivel individual e colectivo, facilitar o análise crítico dos aspectos sociais e culturais relacionados coa saúde e os comportamentos saudables, aportar información e orientación sobre recursos en saúde e servizos de atención dirixidos á mocidade, e previr e reducir riscos aportando información sobre as medidas de prevención axeitadas.

Foto: Primeiro dos talleres con alumnos de 2º da ESO do IES Maruxa Mallo.


*

O Concello oferta quince prazas para o curso de prevención de riscos laborais agrarios

O único requisito é estar dado de alta no réxime especial agrario

Pedreira: "Este curso ten como obxectivo disminuir a siniestralidade no sector"

O Concello de Ordes organiza, en colaboración con Unións Agrarias UPA, un curso gratuíto de prevención de riscos laborais no sector agrario. O curso constará de 30 horas e está previsto que se celebre a finais deste mes de febreiro ou a principios de marzo.

Todos aqueles que estean interesados en participar deberán realizar a súa inscrición no departamento de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade do Concello de Ordes ou chamando por teléfono ao 981680002. Só se ofertarán 15 prazas e como requisito indispensable, os participantes deben estar dados de alta no réxime especial agrario.

Metodoloxía práctica
A metodoloxía que se empregará será eminentemente práctica, priorizando as actividades donde se demostre a adquisición dos contidos. Ademais, axudará a realizar a correspondencia no mundo laboral e encontrar a utilidade ó aprendizaxe.

Neste curso promoveranse actividades que emularán situacións frecuentes que se presentan no posto de traballo. Esto aumentará a capacidade de resposta dos traballadores ós continuos problemas cos que se encontran na súa realización diaria.

Os obxectivos do curso son, entre outros, contribuir a mellorar as condicións de seguridade e hixiene dos traballadores do sector; mellorar a calidade dos produtos e a súa seguridade alimentaria, mellorar a especialización ou diversificación, a competitividade e modernización do tecido produtivo; fomentar o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou das vías non formais de formación; e fomentar a aprendizaxe ó longo da vida e favorecer a cohesión social, especialmente daqueles colectivos que carecen dunha cualificación recoñecida.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Rural de Ordes
"Este curso ten como obxectivo específico que os asistentes poidan adquirir os coñecementos necesarios sobre as relacións laborais e sobre os riscos laborais para diminuir a siniestralidade no sector agrario"

*

miércoles, 2 de febrero de 2011

Manuel Regos acompañou a Fernández Moreda a coñecer a senda peonil de Poulo


Regos: "Estas obras permitirán a mellora da seguridade viaria dos veciños"

O Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, realizou esta mañá unha visita ao Concello de Ordes co fin de visitar as obras de creación dunha senda peonil entre Ordes e Poulo que financia o ente provincial.

Durante a súa visita, Moreda estivo acompañado polo alcalde Manuel Regos así como polo resto de edís do goberno local e representantes da empresa que leva a cabo os traballos.

Tal e como explicaron, trátase dunha senda de 1,6 kilómetros na estrada de Ordes a Pontecarreira entre o punto kilométrico 0,560 e o punto kilométrico 2,140, unhas obras que contan cun orzamento de máis de 354.000 euros.

Roberto González, Manuel Regos, Salvador Fernández Moreda e Xesús Pedreira percorrendo a senda peonil.
As obras incluiron tamén a colocación de barandillas de seguridade
Trala visita a estas obras, Moreda visitou tamén o Museo do Traxe Juanjo Linares onde puido disfrutar de primeira man, acompañado polo director do Museo, Manuel Viqueira e o alcalde, da colección de traxes, crucifixos e bonecas deste coreógrafo e bailarín ordense.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"É unha satisfacción que estas obras xa estean a piques de rematarse e que permitirán a mellora da seguridade viaria dos veciños e veciñas do municipio que camiñan por esta zona, tendo en conta que se trata dun vial cunha importante circulación de vehículos


*

O BNG ordense presenta mañán a candidatura de Gonzalo Castro


Será no restaurante El Túnel a partires das 21:00 h. e estará acompañado do portavoz nacional, Guillerme Vázquez

Mañán xoves 3 de febreiro, o restaurante El Túnel acollerá a presentación da candidatura do BNG de Ordes aos comicios municipiais do vindeiro mes de maio. O acto terá lugar a partires das 21:00 h. e contará coa presencia do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez. Tamén contarán coa actuación de Mini e Mero, integrantes de A Quenlla e fundadores da lexendaria banda de música tradicional, Fuxan os Ventos.

*

A biblioteca consigue un novo éxito de participación na tarde de contacontos infantis


Incrementáronse o seu número de usuarios e socios coas súas novas instalacións nos baixos da Alameda

Unha das seccións con máis éxito entre os lectores é a comicteca

O horario de apertura da biblioteca é de luns a venres de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes estase a convertir en todo un referente na comarca, aumentando o número de usuarios e o abano de idades dos mesmos, sendo un centro no que cada vez son máis os adultos, como amas de casa, xubilados, ademais dos estudiantes e os nenos, os que o utilizan, tal e como explicaron as súas bibliotecarias.

As novas instalacións da biblioteca, que agora está situada nos baixos da Alameda, nun espazo ampliado e que conta cun maior número de servizos, como unha ludoteca e unha zona de lectura para os máis pequenos, separada doutra zona dos adultos, diferentes postos de informática, e en definitiva, unhas instalacións máis cómodas, teñen motivado este incremento dos usuarios, convertindo á Biblioteca Municipal de Ordes en pioneira en canto a horario, instalacións e fondos bibliográficos.

Entre os servizos da Biblioteca Municipal do Concello de Ordes, encóntrase un servizo de petición directo de libros, ademais do tradicional préstamo, así como unha sección de novidades e unha zona de comicteca destinada aos amantes do cómic e que está contando cunha gran aceptación. Na actualidade a Biblioteca Municipal do Concello de Ordes conta cun total de 1.300 socios activos, sendo o servizo de préstamo de fondos moi superior ao doutras bibliotecas de toda a comarca.

O horario de apertura da biblioteca é de luns a venres de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas.

'Tardes de Contos e Lendas'
Mostra dos éxitos da Biblioteca Municipal do Concello de Ordes, a boa acollida das actividades que dende ela se programan, como as Tardes de Contos e Lendas, cuxa última sesión se celebrou o pasado venres. Unha tarde na que un contacontos foi o protagonista para entreter ao gran número de nenos e nenas participantes, co conto “As nenas e os nenos queremos a paz”, actividade que estivo dirixida aos pequenos do municipio de entre 3 e 8 anos e na que participaron tamén os seus acompañantes adultos.

O programa de Tardes de Contos e Lendas suma así un novo éxito, sendo centos os nenos e nenas do municipio que teñen participado nas diferentes sesións celebradas na biblioteca, un éxito que se ve reflexado nos bos resultados das campañas de animación á lectura, conseguindo que a biblioteca sexa visitada e utilizada cada vez por máis veciños e veciñas de Ordes de todas as idades.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Celebro a boa acollida das novas instalacións da biblioteca que están a facer que máis veciños e veciñas de Ordes utilicen este servizo municipal agora mellorado"

*