O personal desprazaráse por cada un dos seis concellos que a integran
O
Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca
de Ordes (SNL ) impartirá de balde un obradoiro de iniciación á lingua e
literatura galegas para nenos e nenas de 6 a 9 anos aproximadamente.
A metodoloxía que se aplicará implica o
desprazamento de persoal do SNL a cada un dos seis concellos da Mancomunidade
que fan uso do servizo. A partir do conto tradicional ‘Os tres porquiños’
intentarase explicar o proceso de elaboración dun relato para concluír coa
creación dun texto colectivo.
Divididos
en varias partes abordaranse os seguintes aspectos: Narración do conto,
explicación das diversas partes que o compoñen, actividades do conto
programadas en función da idade e, por último, a elaboración dun relato
colectivo a través dunha ficha con datos básicos.
O conto final realizado en cada un dos
obradoiros será publicado na páxina web da Mancomunidade (www.mancomunidadeordes.org) e
editado en edición impresa. Cada rapaz ou rapaza participante recibirá a súa
correspondente copia.
As
datas e espazos de celebración previstos para cada concello son as seguintes:
10
de xullo: Trazo (Centro médico)
15
de xullo: Tordoia (Casa cultura)
17
de xullo: Frades (Multiúsos)
18
de xullo: Ordes (Local social)
22
de xullo: Cerceda (Centro cívico)
20
de agosto: Oroso (Centro cultural)
*